Saltar ao contido principal
Home  »  Centres  »  Faculty of Business Administration and Management

Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]

Facultade de Administración e Dirección de Empresas [L]

Address

Avda. Alfonso X O Sabio, s/n.
27002 Lugo

Web: http://www.usc.es/empresas
Fax: 982285961
Correo electrónico: fadedeca@lugo.usc.es
Teléfono con extensión: 982285900-24403
Teléfono con extensión: 982285900-24400
Teléfono: 982285960

Go to the own Web

Welcome

Como decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, e en representación dos membros que integran a súa comunidade universitaria, teño a honra de darche a benvida á presentación da nosa web, agardando que, nun breve período de tempo, pases a formar parte desa comunidade.
A nosa facultade é o centro máis novo de toda a Universidade, posto que foi creado en xaneiro de 2002. Nembargantes, ten detrás unha longa historia no campus de Lugo.
A Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo créase a partir da unión da Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Lugo e da Sección Delegada da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais no Campus de Lugo. Nesta Facultade impártense os estudos conducentes á obtención dos títulos de Diplomado/da en Ciencias Empresariais e Licenciada/do en Administración e Dirección de Empresas.
A Facultade proporciona unha formación completa en materias (contabilidade, fiscalidade, finanzas, organización, marketing, informática, estatística, econometría, dereito, recursos humanos) desenvolvendo as vosas cualidades, tratando de achegarvos unha visión integral e realista das empresas. Ademais, o centro é líder no uso de novas tecnoloxías na docencia, tanto nas clases presenciais como nos materiais de apoio virtuais.
Na Facultade de Administración e Dirección de Empresas traballamos para que todo o anterior sexa posíbel, con ilusión e responsabilidade, tratando de facilitar en todo momento o voso traballo e intentando resolver calquera problema que se vos poida suscitar. Por iso, ofrecémosvos este manual de presentación que é a nosa web na que se describen todos aqueles temas organizativos e de recursos que debedes coñecer á hora de empezar a vosa diplomatura ou licenciatura, tratando de sentar as bases para que a vosa relación con nós e entre vosoutros mesmos resulten totalmente satisfactorias.
A elección dunha carreira ten un compoñente motivacional. Ninguén quere estudar ano tras ano unhas materias que non lle gustan. Ademais, estúdase unha carreira para exercer unha profesión ao remate da titulación. Na Guía das empresas que ofrecen emprego 2004-2005, constátase que as carreiras máis solicitadas polas empresas teñen un denominador común: a súa estreita relación co ámbito empresarial.
A licenciatura en Administración e Dirección de Empresas é a titulación máis demandada polas empresas. O 85,1% das compañías solicita licenciados/as nesta carreira. Nesta clasificación de expectativas laborais, a diplomatura en Ciencias Empresariais ocupa o cuarto lugar. Entre o 40 e o 42% das empresas españolas decántanse por titulados desta opción.
Na actualidade, a Facultade de Administración e Dirección de Empresas oferta as dúas titulacións empresariais, o que representa unha importante vantaxe competitiva fronte aos alumnos e alumnas dunha facultade que só oferte a licenciatura, xa que ao remate dos tres primeiros anos, o alumno ou alumna pode disfrutar dun título académico que lle permite exercer unha profesión e presentarse a numerosas oposicións na administración pública; podendo optar, ademais, por continuar os seus estudos no segundo ciclo.