
Benquerido visitante,
No meu nome e no de aquelas persoas que traballamos neste centro darvola benvidad a esta páxina web oficial que pretende suministrar toda a información necesaria para coñecer os nosos obxectivos, organización e actividades.
A Facultade de Farmacia da USC foi fundada no ano 1857. Dende a súa fundación, polas súas aulas pasaron alumnas e alumnos de toda España xa que durante moitos anos, foi unha facultade que acollía alumnos, fundamentalmente, do norte de España. Hoxe en día, andia son moitos os alumnos que ainda que nados en otras partes do país, estudan nas nosas aulas.
Esta Facultade de Farmacia constitúe un centro de referencia tanto pola docencia que se imparte, a formación dos licenciados aquí formados e pola investigación que desenvolven quen aquí traballa.
Neste intre na Facultade pódese cursar Grado en Farmacia( que comenzou no curso 2010, e culminará a sua implantacion no curso 2014-15) - e tres Masters Oficiais: Enxenería Biotecnolóxica, Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos e Innovación en Seguridade e Tecnoloxía Alimentaria.
De toda a oferta docente e actividades organizadas pola Facultade, atoparás información nesta páxina web que espero che serva para para elexir, no seu caso este centro para a túa formación.
Isabel Sández Macho
A Decana responde as túas dúbidas e comentarios
Praza Seminario de Estudos Galegos, s/n. Campus sur
15782 Santiago de Compostela
Web: http://www.usc.es/farmacia
Correo electrónico: zfardeca@usc.es
Teléfono con extensión: 881814993
Teléfono con extensión: 881814906
Teléfono: 981528070
Fax: 981594912
Dende 1815 a 1821 existiu en Santiago de Compostela o primeiro colexio de boticarios da cidade, chamado Colexio de San Carlos. Foi o seu director Julián Suárez Freire, primeiro doutor en Farmacia en España e, ademais, natural de Grixoa, unha aldea próxima a Santiago. A devandita institución tivo como sede a denominada "Casa da Inquisición" situada no solar que actualmente ocupa o Hotel Compostela na praza de Galicia. A pesar da demanda existente de estudos relacionados co medicamento, neses seis anos de funcionamento o Colexio de San Carlos non chegou a consolidarse.
En 1857, como consecuencia dunha Lei de Instrución Pública creouse unha nova Facultade de Farmacia de Santiago, sumándose así ás tres que nos anos anteriores fóronse abrindo en España: Madrid, Barcelona e Granada. Deste xeito, a Universidade de Santiago de Compostela pasou a ter estudos específicos para os futuros farmacéuticos.
A nova Facultade situouse no Colexio de Fonseca, centro da Universidade compostelá desde o século XVI até mediados do XVIII. O edificio foi compartido con Medicina ata que esta licenciatura trasladouse ao novo edificio da rúa de San Francisco en 1928. Ambas ensinanzas sempre estiveron moi relacionadas, compartindo aulas e laboratorios.
Foi neste palacio renacentista de enorme beleza onde comezou a desenvolverse a Facultade de Farmacia, cátedra a cátedra, profesor a profesor. Algúns novos profesores incorporábanse á facultade compostelá procedentes das outras facultades de Farmacia españolas, dispostos a desenvolver as súas investigacións nos pequenos laboratorios, vencendo toda clase de dificultades materiais. Outros, os denominados "catedráticos de ida e volta", utilizaron a facultade como "ponte" para chegar a outro destino máis apetecible, como Madrid ou Barcelona, permanecendo en Santiago nalgún caso, apenas un mes.
A pesar das dependencias pouco apropiadas para a vida académica - frías aulas con paredes de pedra nas que a luz, o gas e o carbón non sempre estaban disponibles - o empeño dos que alí traballaban fixo posible que xa no comezo do século XX publicásense os primeiros traballos científicos realizados na Facultade de Farmacia de Santiago.
Tamén foi Fonseca o lugar no que no verán de 1936 se creou o Laboratorio de Farmacia Militar do Exército do Norte, cando tras o estalido da guerra civil española quedaron suspendidas as actividades docentes durante tres longos e penosos anos. E os seus muros de pedra viron regresar aos profesores e alumnos - non a todos, por unhas ou outras razón - nun novo marco político e social, no que recuperar o nivel académico e científico anterior á guerra custou non pouco esforzo.
O empeño e o traballo de homes e mulleres de ciencia consolidaron unha Facultade que en 1971 deixou triste e soa a Fonseca para crecer no novo e moderno edificio do campus sur. Alí a matrícula de alumnos, de diversos lugares de procedencia, experimentou un crecemento moi significativo e achegou o empuxe necesario para facer da Facultade de Farmacia de Santiago a institución de prestixio que é na actualidade."
Beatriz Brasa Arias / Mariana Landín Pérez