Address
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus sur
15782 Santiago
Go to the own Web
Welcome
SAÚDO DO EQUIPO DECANAL
Esta páxina da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela pretende informar da realidade da Facultade, difundir a súa oferta formativa e ofrecer información xeral de utilidade para os estudiantes e profesores: orientacións sobre o funcionamento da administración e servicios, plan de estudios, programación docente do curso, calendarios, horarios, datas de exames, regulamentos e normativas, programas de intercambio, ...
O título de Licenciado en Matemáticas que ofrece a nosa Facultade non está dirixido á formación especializada en ningunha rama das matemáticas. Ofrece unha ampla selección de materias optativas, que se encadran nas orientacións de Estatística e Investigación Operativa, Matemática Aplicada e Matemática Pura. Estas orientacións fan posible que o estudiante poda deseñar un curriculum adaptado ás súas expectativas profesionais. É posible, pero non obrigatorio, conseguir créditos por realizar prácticas nunha empresa ou industria e por traballos académicamente dirixidos.
Sendo as matemáticas unha ciencia imprescindible nunha sociedade desenvolvida, o Licenciado en Matemáticas da nosa Facultade pode optar ás categorías máis altas da función pública e está cualificado para a formulación matemática, análise, resolución e, no seu caso, tratamento informático de problemas en diversos campos interdisciplinares das ciencias básicas, ciencias sociais e da vida, enxeñería, finanzas, consultoría, etc..., con vistas ás aplicacións, á investigación e/ou á docencia.
A Facultade de Matemáticas da USC, reafirma a súa vontade decidida de mellora da calidade dos seus servicios educativos e esfórzase en dar resposta nas mellores condicións ás demandas da sociedade en formación e investigación, que axuden a incentivar o tecido productivo do noso entorno. Confiamos firmemente que a capacidade do noso profesorado, a progresiva mellora dos medios materiais, as vindeiras reformas cara á converxencia do espacio educativo europeo e a iniciativa decidida da Facultade, permitirán aspirar con optimismo a esas metas nun clima de apertura ó exterior e de convivencia entre profesores, alumnos e persoal de administración e servicios.