Bachelor degree
A memoria de licenciatura é un traballo no que se expoñen os resultados dunha iniciación á investigación sobre temas relacionados coas áreas de coñecemento integradas nos Departamentos adscritos á Facultade.
Poderán iniciar a elaboración da memoria Licenciados en Ciencias Matemáticas ou alumnos do último curso de carreira baixo a dirección dun doutor. Se o director non pertence a un dos Departamentos adscritos á Facultade, designarase como ponente un doutor que sí pertenza.
A súa tramitación, defensa e cualificación rexerase polo seguinte regulamento:
1. Solicitudes. Os aspirantes á realización da memoria de licenciatura comunicarán ó Sr. decano da Facultade o tema de traballo no formulario que se lles entregará na secretaría da facultade; na comunicación deberá figurar o "conforme" do director do traballo (no seu caso tamén do ponente) e a "autorización do Consello de Departamento" ó que éste pertence. Non se poderá realizar a lectura e defensa da memoria ata que transcorran tres meses contados a partir da data da devandita comunicación.
2. Tribunal. A lectura e defensa da memoria farase ante un tribunal composto por tres membros (presidente, vocal e secretario) pertencentes ós corpos de catedráticos ou profesores titulares de universidade. O tribunal será nomeado pola Xunta de Facultade (ou organismo no que delegue) oído o director da tesiña (ou no seu caso o ponente). No tribunal non poderán figurar máis de dous profesores do mesmo Departamento e poderá figurar o director do traballo (ou o ponente).
3. Matrícula. O alumno, que deberá ser licenciado para matricularse, entregará catro exemplares na Secretaría da Facultade nos que necesariamente constará a autorización do director (ou, no seu caso do ponente) da mesma para a súa presentación. Un destes exemplares estará a disposición dos membros da Facultade durante un período de dez días lectivos; dito período comunicarase ós Departamentos adscritos á Facultade e publicarase no taboleiro de anuncios de mesma. As posibles alegacións, que serán dirixidas por escrito ó Sr. decano, comunicaránselle ó director da memoria e ó tribunal que se designe para xulgala. Transcurrido ese período de dez días xa se pode proceder á súa lectura. A data de lectura debe comunicarse á Facultade coa debida antelación ós efectos de reserva de aulas e comunicación oficial á Unidade de Xestión Académica, tras o cal o alumno poderá formaliza-la matrícula.
4. Lectura da memoria de licenciatura e cualificación na proba de grao. A defensa da memoria farase oralmente por parte do autor en sesión pública; disporá como mínimo de 15 minutos e como máximo de 45 e exporá os obxectivos e conclusións do traballo. O tribunal poderá solicitar as aclaración que estime oportunas e deberá concederlle audiencia ó director do traballo se éste non forma parte do mesmo. O tribunal, en sesión secreta, enxuiciará a calidade e defensa do traballo presentado polo aspirante. Tendo en conta dito xuízo e o seu expediente académico, outorgaralle a cualificación que lle corresponde na proba de Grao de Licenciado na modalidade de Traballo de Investigación. Tal cualificación poderá ser: suspenso, aprobado, notable ou sobresaliente.