Saltar ao contido principal
Home  »  Centres  »  Faculty of Chemistry

Address

Avda. das Ciencias, s/n. Campus sur
15782 Santiago de Compostela

Go to the own Web

Welcome

A Facultade de Química da Universidade de Santiago encontrase entre as de estandares mais altos de España e, sen dubida, e o primeiro recurso científico e tecnolóxico no ambito da química en Galicia, tanto dende o seu perfil docente como investigador.
Dende o punto de vista docente a nosa Facultade salienta polo seu claustro de profesores cunha mixtura de veterania e xuventude que lle da a nosa plantilla unha solidez científica e experiencia cas que poucas poden competir. Temos ademais unha relación profesor/ alumno muy boa (menos de 10 alumnos/profesor) que facilita un ambiente agradable cunha relación ensinante-alumno muy familiar e cercana. Ademais, podemos gabarnos de que prácticamente todo o noso profesorado e activo en investigación a un nivel muy competitivo.
A Facultade de Química na sua Biblioteca dispón de 204 postos de lectura, e o seu depósito está formado por unhas 10.000 monografías e uns 220 títulos de revistas de química cun total de 13.000 volumenes de revistas.
A facultade tamén conta cunha potente e moderna infraestructura informática con mais de 60 ordenadores de última xeración conectados a rede da Universidade. Tamén contarémos en breve (octubre 2004) con conexión inalambrica WIFI en todo o edificio.

A química e unha ciencia básica cunha forte vertente aplicada. E por isto que o actual plan de estudos esta deseñado para que os licenciados en química poidan enfrentarse os retos laborais que a nosa disciplina conleva. En particular, o alumno ten unha importante presencia no laboratorio para que poida desenvolver as imprescindibles destrezas experimentais. No último ano incluese unha asignatura denominada “Proxecto” que constitue unha introducción individualizada a investigación na que cada alumno turoriado por un profesor desenvolve un pequeno proxecto de investigación vinculado a algun dos grupos de investigación co que os alumnos entran en contacto cas ferramentas e destrezas mais modernas da química de hoxe en dia.
A Facultade de Química ten tradicionalmente unha muy forte presencia no posgrado. Neste momento ofertanse 4 programas de doutoramento e todos teñen mencion de calidade, os Departamentos tutelan 157 alumnos nas distintas fases do doutoramento e, no ano 2003, presentaronse 14 teses doutorais. Catro destes programas de doutoramento distinguense ca mencion de calidade do ministerio de Educación sendo a titulación que maís programas de calidade oferta en toda Galicia.
O inmediato reto docente para a Facultade e adaptar o plan de estudios o Espacio Europeo de Educación Superior acadando o maior grado posible de compatibilidade cas Facultades Europeas (cas que, por certo, a nosa Facultade manten intercambios de alumnos e profesores dende hay moitos anos). Queremos unha carreira solida no tocante os coñecementos pero, tamén, áxil e versátil que lles aporte os nosos alumnos un plus de competitividade no seu futuro profesional.
Dentro do posgrado e con vistas a futura oferta no Espacio Europeo de Educación superior estanse a deseñar os novos Masters oficiais cas premisas da excelencia, a pertinencia e a calidade. Esperamos acadar unha oferta que nos diferencie claramente no panorama español pola nosa marca de calidade docente, excelencia científica e a pertinecia social dos nosos títulos.

A actividade investigadora na Facultade de Química encontrase entre as de maís alta calidade e cantidade da USC y é, sin dúbida, unha das nosas bandeiras tanto a nivel nacional como internacional. Máis de 38 grupos de investigación obteñen financiación externa de fontes competitivas e desenvolven traballos de investigación nos nosos laboratorios nos que se estan a formar un bo número dos futuros investigadores en química de Galicia. A este aspecto formativo e xenerador de coñecementos , hay que engadir a nosa forte participación en contratación de investigación con empresas e incluso a creación de empresas a partir de resultados de I+D.

Reseña Histórica da Facultade de Química

A Facultade de Ciencias, xunto coa de Filosofía e Letras, da Universidade de Santiago crease coa entrada en vigor do plan Pidal do ensino no ano 1845 sendo o seu primeiro decano o profesor D. Antonio Casares Rodríguez
En decembro de 1922, escomenza a funcionar, ininterrumpidamente, a Facultade de Ciencias na súa sección de Química, tendo a sua sede no edificio da Universidade (hoxe ocupado pola Facultade de Xeografia e Historia) e no 1961 foi inagurado o edificio da Facultade de Ciencias no Campus (hoxe Facultade de Química). Logo foron aparecendo os estudios de Matemáticas (curso 1960-61) e Bioloxía (curso1966-67) que se transformarían en Facultades, por orde de 14-X-77 (BOE 11-XI-77). A sección de Física créase o 21-VII-1976. e transformarase en Facultade no ano 1981. A Facultade de Química nace como tal, como consecuencia do decreto regulador do BOE de 11-XI-77. No DOG de 24 de maio de 2002 crease a Escola Superior de Enxeñería, na que se impartirá no futuro entre outras a titulación de Enxeñeiro Químico.









Graos
1º e 2º ciclo (en extinción)