Saltar ao contido principal
Home  »  Centres  »  University School of Social Work

Address

San Martiño Pinario. Praza da Inmaculada, 5, 2º
15704 Santiago de Compostela

Go to the own Web

Welcome

BREVE HISTORIA DA E.U. DE TRABALLO SOCIAL

A Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela ten as súas orixes na Escuela de Asistentes Sociales fundada no ano 1957 polo Padre Francisco Gómez Fernández. A súa personalidade xurídica foi ostentada pola Escuela de Enseñanza Social de Galicia ata 1999. A partir dese ano pasa a depender da Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales, entidade declarada de interese galego e de interese docente. A Escola está adscrita á Universidade de Santiago de Compostela dende o ano 1983.

Como todos os centros privados non subvencionados, réxese por un réximen económico particular e independente dos prezos e taxas da Universidade á que está adscrita.

A Escola dá especial importancia á formación práctica do alumnado; ésta realízase fundamentalmente no curso de 4º por medio do PRACTICUM. Éste desenvolvese intensivamente durante o segundo cuadrimestre, no que se incorporan os alumnos e alumnas a institucións e/ou centros de servizos sociais baixo a responsabilidade dun traballador social e a supervisión permanente dun profesor/a da Escola que os titoriza de xeito individualizado, asesorándoos no seu primeiro contacto coa realidade social nun ámbeto profesional e facendo o seguimento do Informe Final do Practicum. A distribución en centros de prácticas por toda Galicia do alumnado amplía as posibilidades de ofrecerlles o sector ou ámbeto da súa preferencia, e permite un vínculo permanente entre o mundo profesional e o académico

Ao finalizar os estudios, de catro anos de duración, obtense o título de GRADUADO/A EN TRABALLO SOCIAL pola Universidade de Santiago de Compostela.

A presente guía pretende ser unha ferramenta de información académica, describindo aqueles aspectos e caracteristicas da titulación e do Centro onde se imparte, que poidan ser de utilidade aos alumnos da E.U. de Traballo Social. Deste xeito pretende tamén que o estudiante, no momento de matricularse, poida adquirir unha idea inicial e global do funcionamento do Centro.

Benvidos
O Equipo de Dirección
Graos
Másteres
    1º e 2º ciclo (en extinción)