Start date: Thursday, October 10th, 2013
End date: Friday, October 11st, 2013
City: O Grove
Place: Hotel Isla de la Toja
Organization: Asociación Cultural do Foro dos Recursos Mariños e a Acuicultura das Rías Galegas - Departamento de Bioquímica
Description:
Na súa 16ª edición comprenderá as seguintes actividades:
Mesas de traballo: Marisqueo e Pesca de Baixura, Acuicultura, Empresa e Recursos, Sostenibilidade, Biotecnoloxía; onde varios ponentes invitados expoñerán os seus puntos de vista sobre o tema e, a continuación, terá lugar un debate entre eles e os asistentes.
Conferencias Maxistrais: os ponentes tratan temas monográficos en maior profundidade, seguidos de debate.
Traballos en paneis: aberta a tódolos participantes que poderán presentar traballos inéditos, relacionados cos temas do Foro.
Participación de empresas: as empresas relacionadas co sector poderán participar expoñendo os seus productos e/ou actividades.
XXV Ciclo Cultivando o Mar: Ciclo de Conferencias na Confraría de pescadores do Grove.Tres conferenciantes sobre un tema de actualidade.
Poderanse presentar, por parte dos participantes que o desexen, paneis de traballos inéditos (máximo 1 paneis por inscrición), en relación coas temáticas do Foro, cun tamaño máximo por panel de 1,50 x 1,20 m. (alto x ancho).
Poderanse presentar traballos onde non será necesaria a presenza física dos autores durante a celebración do evento.
Terán unha cota especial os membros pertencentes os seguintes colectivos:
Estudantes
Colexio oficial de Biólogos
Sociedad Española de Acuicultura (SEA)
World Aquaculture Society (WAS)
O persoal da Consellería do Mar (Xunta de Galicia), ou entidades relacionadas (Confrarías de Pescadores, CETMAR, INTECMAR) dispoñen de cota reducida por asistencia e presentación de paneis.
Contact email: manuel.rey.mendez@usc.es
Contact phone: 619459325
Further links: