Saltar ao contido principal
Home  »  Institutes and Research Centres  »  Institute of Criminology  »  Preguntas frecuentes

Frequently asked questions

¿Que diferencia hai entre o Graduado en Ciencias Criminoloxicas e da Seguridade Pública e o Diploma Superior en Criminoloxía?

Non hai ningunha. É a mesma titulación, no Consello de Goberno de 15-06-2011 se modificou o nome para que non colisionase co nome dos Graos, pero non hai ningunha variación na titulación

Cal é o prazo de matricula para o Graduado en Ciencias Criminolóxicas e da Seguridade Pública?

O mesmo que para o resto das titulacións universitarias

Onde formalizo a matricula do Graduado en Ciencias Criminolóxicas e da Seguridade Pública?

Na Unidade de Xestión Académica do Campus Sur

Preciso algún itinerario determinado nos meus estudos para poder cursar o Graduado en Ciencias Criminolóxicas e da Seguridade Pública?

Non, serve calquera rama do Bacharel, FP.... O requisito é as PAAU.

O titulo de Graduado en Ciencias Criminolóxicas e da Seguridade Pública é un Grao?

Non, o título de Graduado en Ciencias Criminolóxicas e da Seguridade Pública é un Titulo propio da Universidade de Santiago de Compostela. Neste momento esta creada unha Comisión encargada da transformación do título propio nun grao. A previsión é que os traballos estean rematados para que o novo plan comece no curso 2013/2014.

¿Cal é o requisito de acceso para o Graduado en Ciencias Criminolóxicas e da Seguridade Pública?

Precisase ter superadas as PAAU ou o Acceso para maiores de 25 anos na USC ou na UNED



 

  • Novidades