Admisións
Curso académico 2011/12
Os alumnos que
fixeron as PAAU no distrito universitario galego, no presente ano, non teñen que solicitar a admisión para iniciar estudos en titulacións sen límite de prazas, poden matricularse directamente. (Ver sección de
Matrícula)
Os alumnos que fixeron as PAAU noutro distrito universitario ou que xa iniciaron estudos universitarios noutra universidade (incluídas as universidades da Coruña e Vigo) teñen que solicitar a admisión para iniciar ou continuar estudos na USC.
Os
titulados universitarios, titulados de formación profesional ou con outros títulos que permitan o acceso directo aos estudos universitarios teñen que solicitar a admisión para iniciar estudos en titulacións sen límite de prazas. Tamén teñen que facer a solicitude de admisión os alumnos da USC que non completaron os estudos dunha titulación e desexan iniciar outros estudos sen límite de prazas. (Ver
admisión para inicio de estudos en titulacións sen límite de prazas).
Os
alumnos da USC de plans de estudos antigos xa extinguidos para continuar os seus estudos deberán solicitar previamente a adaptación ao novo plan de estudos na Unidade de Xestión Académica correspondente, dentro do prazo de matrícula.Os alumnos dun plan en proceso de extinción que deseen continuar o seus estudos no Grao, deberán facer previamente a adaptación pola secretaría virtual (ver sección de
Matrícula)
- Estudos de 1º e 2º ciclo / Grao
Os alumnos que iniciaron os mesmos estudos noutra universidade española deberán solicitar a admisión para continuar estes estudos.
Nas titulacións en proceso de extinción, para ser admitido para inicio de estudos no segundo ciclo, deberá acreditarse ter superadas as materias de complementos de formación correspondentes aos cursos sen docencia.