Saltar ao contido principal
Home  »  Profiles of access  »  Students  »  Admission and Registration  »  Free choice

Libre elección 

Curso académico 2012/13

  

Libre elección 
 

 

Materias de libre elección.
 
Poderán matricularse en materias de libre elección os alumnos que cursen estudos de titulacións non adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Diplomaturas, Enxeñarías, Enxeñarías Técnicas, Licenciaturas e Mestres).
 
As materias tanto específicas para libre configuración curricular como as pertencentes a titulacións oficiais, teñen o límite de prazas que se establece na oferta académica.
Poderase formalizar matrícula en todas as materias sen necesidade de inscrición previa (preinscrición), indistintamente que sexan específicas ou non, de acordo co procedemento de xestión das listas que se indica.
A matrícula formalizarase conxuntamente coa matrícula ordinaria nos prazos establecidos nesta convocatoria. Todas as materias estarán sometidas aos requisitos, prelacións e exclusións que se determinan na oferta de materias específicas ou no plan de estudos ao que pertencen. Non se admitirá a matrícula nas materias que teñan prelación, agás que xa se teña superada a materia que fai prelación. Este impedimento non será de aplicación aos alumnos doutras universidades que cursen estudos nesta en virtude dun programa de intercambio, sempre que así figure no acordo académico ou compromiso de estudos.
Os alumnos e alumnas que vaian cursar estudos noutra universidade no marco de convenios ou programas de intercambio interuniversitario non poderán matricularse en materias de libre elección, que se impartan no período en que están realizando o intercambio. Estes alumnos e alumnas deberán matricularse nos créditos de libre elección, de acordo disposto no regulamento de intercambios interuniversitarios (ver apartados 10 e 13 do artigo 9º do regulamento de intercambios interuniversitarios de estudantes).
 
Criterios específicos para as materias impartidas na Facultade de Filoloxía
 Para poder matricularse da “Ampliación da Segunda Lingua...” deberá terse superada a “ Segunda Lingua...” correspondente.
 Para poder matricularse da “Literatura da Segunda Lingua II” deberá terse superada a “ Segunda Lingua I” correspondente.
 
Materias de titulacións de centros adscritos: Diplomatura en Traballo Social de Santiago de Compostela, Diplomatura en Relacións Laborais de Lugo e Diplomatura en Enfermaría de Lugo.
 
A matrícula destas materias liquidaranse de acordo co prezo fixado polo centro adscrito máis o 25% dos prezos públicos establecidos no Decreto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
 
Procedemento de matrícula e asignación de prazas
 
Listas de ocupación: Os alumnos e alumnas poderán coñecer en todo momento o nivel de ocupación da materia solicitada a través da secretaría virtual. Cando a ocupación supere o 75% das prazas ofertadas faranse públicas as listaxes de matriculados clasificadas segundo a media do expediente. Estas listaxes actualizaranse diariamente e informarán das expectativas para conseguir a praza desexada.
Modificación da matrícula nas materias de libre elección: cando o alumno/a matriculado/a considere escasas ou nulas as posibilidade de conseguir praza nas materias de libre elección da súa preferencia, poderá modificar a súa matrícula nas materias de libre elección durante o prazo de matrícula.
Rematado o período ordinario de matrícula, no primeiro período de modificación de matrícula, procederase do seguinte xeito:
a) Nas materias en que a demanda é superior á oferta de prazas, non se autorizará a ampliación de matrícula nesas materias, pero si a anulación por parte dos alumnos e alumnas matriculados.
b) Nas materias en que a demanda é inferior á oferta, autorizarase a modificación da matrícula (ampliación ou anulación) nestas materias ata cubrir as prazas ofertadas. Neste período, adxudicaranse as prazas por orde temporal de modificación da matrícula.
Asignación definitiva de prazas: Inmediatamente ao remate do prazo de modificación de matrícula, publicarase na páxina web http://www.usc.es/matrícula (na sección de libre elección) a asignación das prazas, en función da media do expediente, naquelas materias onde a demanda fora superior á oferta, desestimando as solicitudes de matrícula que excedan o número de prazas ofertadas, procedéndose de oficio á súa anulación. Os alumnos e alumnas aos que non se lles conceda praza nalgunha materia poderán substituílas por outras nas que existan prazas vacantes, no prazo de dez días inmediatamente seguintes ao de publicación das listaxes. Esta modificación farase de xeito presencial na UXA correspondente.
Nas materias en que a demanda non supere en máis do 15% ás prazas ofertadas, non será necesario facer selección, adxudicándose a todos os alumnos matriculados, agás naquelas materias que polas súas características ou contido práctico non permita un maior número de alumnos e alumnas, e se indique expresamente na oferta de prazas.
-          Logo da asignación definitiva das prazas, non se autorizará aos alumnos admitidos a anulación da matrícula destas materias.
-          No segundo período de modificación de matrícula (no prazo que se indica no Anexo I), só se ofertarán as materias do segundo semestre que tiveran prazas vacantes. A prioridade será por orde temporal de modificación de matrícula e ata cubrir as prazas ofertadas. 
 
Prazos
Poderase matricular en todas as materias sen necesidade de solicitude previa, xunto coa matrícula ordinaria, nos seguintes prazos:
 

   M. DE LIBRE ELECCIÓN
Xeral (matrícula oferta de materias)
Coa matrícula ordinaria
Listaxe admitidos definitiva
11 outubro
Segundo Cuatrimestre
28 xaneiro 2013 - 8 febreiro 2013
Matrícula módulos Jean Monnet
1º C, 1 ao 30 setembro
2º C, 1 ao 28 de febreiro 2013

 

Modificación da matrícula
 Prazo Xeral.- Do 14 de setembro ao 10 de outubro
  • Nas materias nas que a demanda é superior á oferta de prazas, non se autorizará a ampliación da matrícula nesas materias, pero si a anulación por parte dos alumnos matriculados.
  • Nas materias en que a demanda é inferior á oferta, autorizarase a modificación de matrícula (ampliación ou anulación) ata cubrir as prazas ofertadas, por orde temporal.
Segundo Cuadrimestre.- Do 28 xaneiro 2013 ao 8 febreiro 2013
  • Só se ofertarán as materias do segundo cuadrimestre que tiveran prazas vacantes. A prioridade será por orde temporal de modificación de matrícula e ata cubrir as prazas ofertadas.