Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas
Curso académico 2011/12
Normativa
Quen pode solicitalo e requisitos
Os titulados universitarios de 1º e/ou 2º ciclo e Grao.
Os titulados por sistemas educativos doutros países deberán ter o título homologado
Requisitos:
a) Acreditar o dominio das competencias relativas á especialización que se desexe cursar. Están exentos de acreditar este dominio os que estean en posesión dunha titulación universitaria que se corresponde coa especialización (
ver correspondencia de titulacións por especialidade)
b) Acreditar o nivel B1 de competencias lingüísticas dunha lingua estranxeira (
ver información)
- Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, pola que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais
- Real Decreto 861/2010, do 2 de xullo, que modifica o Real Decreto 1393/2007
- Real Decreto 1834/2008, de 8 de novembro, polo que se definen as condicións de formación para o exercicio da docencia na educación secundaria obligatoria, o bacharelato, a formación profesional e as ensinanzas de réxime especial e establécense as especialidades dos corpos docentes de ensinanza secundaria
- Real Decreto 860/2010, do 2 de xullo, polo que se regulan as condicións de formación inicial do profesorado dos centros privados para exercer a docencia nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou do bacharelato
- Orde Ministerial ECI/3858/2007 do 27 de decembro de 2007 (BOE do 29 de decembro), pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habilitan para as profesións de Profesor de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas . Con carácter transitorio, para o curso académico 2009/10, foi modificada pola Orde Ministerial EDU/3424/2009, do 11 de decembro de 2009 (BOE do 21 de decembro)
- Resolución do 17 de decembro de 2007, da Secretaría de Estado de Universidades e Investigación, pola que se publica o acordo do Consello de Ministros de 14 de decembro de 2007, polo que se establecen las condiciones ás que deberán adecuarse os plans de estudos conducentes á obtención de títulos que habiliten para o exercicio das profesións reguladas de Profesor de Educación Secundaria Obligatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas
- Resolución Reitoral do 7 de xullo de 2010, sobre acceso e admisión ao Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Barcharelato, Formación Profesional e Ensino de idiomas para o curso académico 2010/2011
Campus de Santiago de Compostela
As prazas ofertadas por especialidade para o curso 2011/2012 son as seguintes:
|
ESPECIALIDADE
|
PRAZAS SANTIAGO
|
PRAZAS LUGO
|
|
Ciencias Experimentais, Matemáticas e Tecnoloxía e Informática
|
40
|
20
|
|
Ciencias Sociais e Humanidades
|
40
|
0
|
|
Formación Profesional (Sector Servizos)
|
20
|
0
|
|
Formación Profesional (Sector Primario e Secundario)
|
0
|
20
|
|
Linguas e Literaturas
|
40
|
20
|
|
Artes Plásticas e Música
|
20
|
0
|
|
Orientación Educativa
|
20
|
0
|
- Nota media do expediente académico, calculada ao abeiro do disposto no Real Decreto 1044/2003, de 1 de agosto (apartado 4.5 do anexo I) (ver norma)
- Para as especialidades de Ciencias Experimentais, Matemáticas e Tecnoloxía e Informática; Lingua e Literatura e Ciencias Sociais e Humanidades nas que se ofertan 40 prazas en cada especialidade no Campus de Santiago de Compostela, establécese unha cota de 5 prazas para cada unha das titulacións de Licenciado/Graduado en Matemáticas, Filoloxía Clásica e Filosofía, respectivamente.
- Do 15 de xullo ao 9 de setembro: solicitude de admisión a través da Secretaría Virtual.
- Día 15 de setembro: publicación das primeiras listaxes de admitidos e de agarda.
- Do 16 ao 19 de setembro: primeiro prazo de matrícula.
- Do 21 ao 22 de setembro: segundo prazo de matrícula.
- Día 26 de setembro: terceiro prazo de matrícula.
Ata o 14 de outubro poderán presentarse solicitudes de anulación de matrícula.
Solicitude de admisión
O proceso de acceso e admisión, de acordo coa Orde ECI/3858/2007 que regula este Máster, realizarase por especialidades en función da titulación que se posúe (
ver correspondencia de titulacións por especialidade). Os estudantes indicarán dentro da especialidade, de forma orientativa, o itinerario da súa preferencia. No caso da especialidade de Formación Profesional os itinerarios ofertados terán os mesmos efectos que as especialidades.
Os estudantes que posúan unha titulación que lles dea acceso a máis dunha especialidade poderán solicitar varias especialidades indicando a orde de preferencia, que será vinculante para a asignación das prazas.
Nas especialidades nas que se oferten prazas nos Campus de Santiago de Compostela e de Lugo, poderá solicitarse praza en ámbolos dous, indicando a orde de preferencia do campus. Neste caso a orde de preferencia será vinculante, de xeito que se a praza se adxudica no Campus de maior preferencia non poderá optar pola praza do outro campus.
Só se poderá solicitar prazas nas especialidades nas que se estea exento da realización da proba para a acreditación do dominio de competencias.
Rematado o proceso de matrícula determinaranse os itinerarios que se impartirán en función da preferencia sinalada na solicitude de admisión. Os Itinerarios só se impartirán cando o número de alumnos, que de xeito orientativo indicaron a preferencia, sexa igual ou superior a 10 estudantes, neste caso os estudantes deberán matricular as materias específicas dos itinerarios que se impartan. No caso contrario, que non se impartan as materias específicas do itinerario indicado como preferente, por non acadar o número de alumnos, os estudantes afectados deberán matricular as materias específicas dos itinerarios ofertados que se impartan na especialidade, ou solicitar a anulación de matrícula, de selo caso.
En relación con estes casos, a Universidade podería ditar unha instrución que permitise ofertar estas materias aos estudantes mediante un sistema de titoría e docencia asistida.
A solicitude de praza realizarase a través da secretaría virtual da USC, no prazo que se indica no apartado correspondente, declarando os datos da titulación de acceso e do expediente académico, indicando por orde de preferencia as especialidades que solicita.
Adxudicación de prazas
Para realizar a selección do alumnado, as solicitudes ordenaranse dentro de cada especialidade/campus segundo a nota media do expediente académico, calculada ao abeiro do disposto no Real Decreto 1044/2003, do 1 de agosto (apartado 4.5 do anexo I), aplicando a declarada polos solicitantes no momento de cumprimentar os datos para a súa solicitude de praza.
Para as especialidades de Ciencias Experimentais, Matemáticas e Tecnoloxía e Informática; Lingua e Literatura e Ciencias Sociais e Humanidades nas que se ofertan 40 prazas en cada especialidade no Campus de Santiago de Compostela, establécese unha cota de 5 prazas para cada unha das titulacións de Licenciado/graduado en Matemáticas, Filoloxía Clásica e Filosofía, respectivamente.
Se transcorrido o prazo de adxudicación de prazas nunha especialidade, ou en varias, non se cubren as prazas ofertadas, as que queden libres (vacantes) acumularanse ás especialidades nas que exista maior demanda, seguindo criterios de proporcionalidade.
Matrícula
A matrícula deberá formalizarse a través da secretaría virtual da USC.
Os admitidos na especialidade da súa primeira preferencia, terán que matricularse no prazo indicado, en caso contrario, decaerán no seu dereito sobre a praza adxudicada.
Os admitidos nunha especialidade en segunda ou menor preferencia, non terán que matricularse mentres figuren en lista de agarda na especialidade da súa primeira preferencia, reservándoselles a praza adxudicada. Na relación de admitidos e de agarda figurará a orde de preferencia e, cando proceda, se teñen reserva de praza.
Os que se matriculen na praza adxudicada en segunda preferencia, xa non poderán optar á praza solicitada na especialidade indicada como primeira preferencia.
Os prezos que se aplicarán por cada crédito será o establecido no Decreto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sobre prezos correspondentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario para o curso académico 2010/11.
A matrícula deberá realizarse nos 60 créditos que integran o Máster, de acordo coa oferta do programa de estudos da especialidade.
Os solicitantes que cursaron os estudos declarados para o acceso ao máster noutra universidade, deberán remitir ou entregar na
Unidade de Xestión Académica correspondente, no prazo de dez días seguintes ao de realización da matrícula, a seguinte documentación:
- Fotocopia compulsada do título universitario ou da certificación acreditativa do pagamento dos dereitos para a súa expedición.
- Certificación académica dos estudos cursados na que figuren todas as materias cursadas e as cualificacións obtidas na titulación declarada para o acceso ao máster
- Os titulados universitarios por outro país deberán presentar a credencial de homologación expedida polo Ministerio de Educación español
- Acreditación do nivel B1 dunha lingua estranxeira. Os que fixeron a proba de nivel na USC non terán que acreditalo (ver información)
Os solicitantes que cursaron os estudos de acceso na USC non terán que achegar ningunha documentación sobre estes estudos.
Calquera omisión ou falsidade na declaración dos datos da titulación de acceso ou do expediente académico que induza a facer unha valoración de expediente incorrecta, poderá dar lugar á anulación da matrícula, e, cando proceda, a ser excluído do proceso de adxudicación de prazas.
Derradeiro Listaxe de alumnos admitidos (matrícula 29 setembro – 2 outubro).