Saltar ao contido principal
Home  »  Services  »  Information and Communication Technologies Area (ATIC)  »  Net connection  »  Wireless connection  »  Wireless network wifiusc

Wireless network of the USC: wifiusc 

This content has not been translated yet

A Universidade de Santiago de Compostela ten actualmente unha extensa rede sen fíos que da cobertura a totalidade dos edificios dos Campus de Santiago de Compostela e Lugo. Conta con máis de 500 puntos de acceso, configurando unha das redes sen fíos máis extensas de Galicia.

 A rede denomínase wifiusc, e está dirixida a todo o personal da USC. O seu deseño proporciona accesos seguros e diferenciados a cada grupo de usuarios.

 Os parámetros para conectarse a esta rede son os seguintes:

  • Protocolos de autenticación e encritación utilizados: EAP-TTLS, WPA-TKIP.
  • SSID: wifiusc.


Para utilizar esta rede debe seguir os seguintes pasos:

  1. Active o servizo, tal e como se indica na seguinte páxina de axuda.
  2. Instale e configure o cliente de autenticación necesario para acceder á rede. Pode atopar axuda sobre esta operación aquí.

 

¿A quén vai dirixido?

A rede wifiusc está dirixida á totalidade da comunidade universitaria.

Os usuarios de outras institucións, que se atopen na USC, poderán conectarse a rede sen fíos a través de eduroam. Prema aquí para obter máis información acerca do servizo eduroam.

 

Soporte a usuarios

Os usuarios da USC poderán obter soporte contactando co Centro de Atención a Usuarios.