
A partir do curso 2012-2013 estamos a cambiar a modalidade das probas de competencia lingüística para a mobilidade e acreditación según o nivel B1 do MCER para ampliar as posibilidades dos alumnos de examinarse e para evitar a masificación. O proceso esixe cooperación estreita entre varios servizos da USC por iso pregamos que disculpedes as posibles demoras ou erros que poidades atopar e agradecemos moito as vosas suxestións e achegas. No caso de ter problemas técnicos coa matrícula, tedes que dirixirvos ao enderezo cau@usc.es
Todas as probas A de Lugo e de Santiago de xaneiro (25/01 e 29/01) e de 1 de febreiro 2013, excepto as probas de alemán de 25 de xaneiro en Santiago e de inglés e de portugués de Lugo de 25 de xaneiro, están reservadas para o programa Erasmus 2013-2014.
Anexo I actualizado do calendario das probas A e B para a mobilidade e a acreditación de competencia lingüística según o B1 do MCER [pdf - 108 kb][Actualizado: 10/1/13]
Convocatoria probas A e B para a acreditación do nivel B1 para o grao e mobilidade [pdf - 3232 kb][Actualizado: 23/08/12]
Inglés - turnos proba B1-B campus de Santiago 16 de setembro de 2013. [.pdf - 48 kb][Actualizado: 12/9/13]
O Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela realizará dous tipos de probas (A e B) ao longo de todo o curso académico segundo un calendario publicado previamente (ver a convocatoria). Unha vez superada a proba A, que será suficiente para poder solicitar as bolsas de mobilidade internacional, podédevos matricular na segunda proba, a proba B. Superando a proba B, obtense a acreditación do nivel B1 do MCER.
A acreditación do nivel B1 é necesaria para poder graduarse en calquera titulación da USC, así como para acceder ao Máster de Profesorado de Secundaria en calquera universidade española entre outros.
O Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER) é un estándar que mide o grao de comprensión e expresión oral e escrita dunha lingua. O nivel B1 corresponde ao que tería un usuario que sería capaz, entre outras cousas, de:
Comprensión auditiva (escoitar): comprender as ideas principais cando na conversa se tratan asuntos cotiáns relacionados co traballo, a escola, ou o tempo de lecer. Comprender a idea principal dos programas de radio ou televisión que tratan temas actuais ou asuntos de interese persoal ou profesional, cando a articulación é relativamente lenta e clara.
Desenvolverse en situacións típicas cando un viaxe a países onde se fala esa lingua. Participar de forma espontánea en conversas da vida diaria. Explicar e xustificar brevemente as opinións e os proxectos propios. Narrar unha historia ou un relato, a trama dun libro ou dunha película.
Comprensión lectora (ler): comprender textos redactados sobre temas habituais e cotiáns ou relacionados co traballo. Comprender a descripción de acontecementos, sentimentos e desexos en textos de carácter persoal.
Produción oral (falar). Saber desenvolverse en case todas as situacións que se presentan durante unha viaxe. Poder participar espontáneamente nunha conversa que trate temas cotiáns de interese persoal ou que sexan pertinentes para a vida diaria (familia, afeccións, traballo, viaxes e acontecementos actuais, entre outros).
Saber ligar frases de xeito sinxelo co fin de describir experiencias e feitos, os meus soños e as miñas esperanzas e ambicións. Poder explicar e xustificar brevemente as opinións e proxectos. Saber narrar unha historia ou un relato, a trama dun libro ou dunha película e poder describir as propias reaccións.
Producción escrita (escribir). Escribir textos sinxelos e ben enlazados sobre temas coñecidos ou son de interese persoal. Poder escribir cartas persoais que describen experiencias e impresións.
A composición das probas A e B varía según o idioma. O tempo máximo da proba escrita será de 120 minutos.
Producción oral (falar): a proba oral poderá realizarse individualmente ou en parellas, e poderá constar de dúas partes:
A duración da proba oral será como máximo de 15 minutos.
A duración da proba oral será como máximo de 15 minutos.
Para obter unha cualificación de APTA/O será necesario superar todas as destrezas en cada unha das probas A ou B. A proba A é eliminatoria, de xeito que só aqueles alumnos que obteñan unha cualificación APTA/O poderán matricularse e realizar a continuación a proba B .
Nas partes da proba tipo test as respostas incorrectas poden puntuar negativamente.
A proba oral B, que será cualificada segundo os criterios de fluidez, corrección, riqueza de vocabulario, capacidade comunicativa e uso da lingua, poderá ser gravada en formato audio.
Outorgarase una cualificación global de APTA/O ou NON APTA/O.
A revisión da proba A e da proba B consiste do cómputo dos fallos que de lugar á nota obtida.
No caso de ter o resultado APTA/O nas probas A ou B, este reflectirase directamente no expediente do alumno/a. Nas Unidades de Xestión Académica o alumno/a poderá solicitar unha certificación da cualificación de APTA/O da proba B que equivale ao nivel B1 do MCER, previo pago da taxa correspondente.
O alumnado que quere solicitar unha bolsa Erasmus ten que rexistrarse dende o apartado correspondente dedicado a este programa na súa secretaría virtual. Os que non dispoñen dunha acreditación do coñecemento do idioma en que se imparten as clases no país ao que solicita ir, no momento de rexistrarse, estarán inscrito automáticamente na proba da lingua elixida.
Todas as probas A de Lugo e de Santiago de xaneiro (25/01 e 29/01) e de 1 de febreiro 2013, excepto as probas de alemán de 25 de xaneiro en Santiago e de inglés e de portugués de Lugo de 25 de xaneiro, están reservadas para o programa Erasmus 2013-2014:
CALENDARIO DE PROBAS PARA O PROGRAMA ERASMUS 2013-2014 [pdf - 51 kb][Actualizado: 10/1/13]
Resultados: dende 4/02/2013 ata 8/02/2013, 14.00hs
Calendario das revisións: 8-15/02/2013 publicaráse o día 4/02 as 14.00hs
Revisións probas Lugo e Santiago [pdf - 175 kb][Actualizado: 4/2/13]
Francés Lugo [pdf - 221 kb][Actualizado: 4/2/13]
Francés Santiago [pdf - 315 kb][Actualizado: 4/2/13]
Inglés Lugo [pdf - 278 kb][Actualizado: 5/2/13]
Inglés Santiago [pdf - 426 kb][Actualizado: 4/2/13]
Alemán Santiago [pdf - 206 kb][Actualizado: 4/2/13]
Alemán Lugo [pdf - 295 kb][Actualizado: 5/2/13]
Portugués Santiago [pdf - 342 kb][Actualizado: 4/2/13]
Portugués Lugo [pdf - 235 kb][Actualizado: 7/2/13]
Italiano Lugo [pdf - 228 kb][Actualizado: 5/2/13]
Italiano Santiago [pdf - 339 kb][Actualizado: 6/2/13]
http://www.usc.es/es/goberno/vrrelins/portal_internacional/erasmus.html