Dende o curso 2008/2009 a Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible da USC (PDS), a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) e a Federación Ecoloxista Galega (FEG), levan colaborando nun programa de educación ambiental sobre a pegada e a débeda ecolóxica na USC, co obxectivo de dar a coñecer estes conceptos e, a través de actividades educativas desenvolvidas polos bolseiros de Sostibilidade, Participación e Integración Universitaria (SPIU), tentar promover unha redución do seu valor nos campus de Lugo e Santiago de Compostela.

 

Tras dous anos de consolidación do programa, é necesario darlle unha nova perspectiva, na busca dun proxecto máis ambicioso e transformador. Por isto a USC decide apostar polo concepto “comunidades en transición”.