Buscando unha tradución práctica do obxectivo xeral que nos fixamos para o Programa USC en Transición -dinamizar á comunidade universitaria da USC para poñer en marcha procesos de transición a pequena escala que, no seu conxunto, ademais de dar a coñecer outros modelos de vida máis sustentables, contribúan a reducir a pegada e a débeda ecolóxica da universidade–, dende o primeiro momento considerouse prioritario artellar grupos de alumnas/os, profesoras/es e PAS que estiveran dispostos a desenvolver iniciativas ligadas ás comunidades en transición.

 

Con este obxectivo, propoñemos por tanto a creación de GRUPOS EN TRANSICIÓN como unha forma de organizar iniciativas ao redor da transición e en prol da sostibilidade no marco da USC.

 

Para facilitar o seu desenvolvemento o equipo de traballo da USC en Transición propón a creación de grupos en transición con dous cometidos centrados na alimentación:

 

  • Os grupos de consumo.
  • Os hortos do campus