A Transición é un movemento inclusivo, onde todos os elementos da comunidade son necesarios: as iniciativas xa en marcha poden integrarse, os colectivos xa consolidados poden colaborar, as autoridades locais poden participar, etc. O medio para o cambio non é a confrontación, senón a inclusión e a integración.
Na mesma liña, o Programa USC en Transición quere facer unha firme aposta pola participación activa da comunidade universitaria, habilitando, cando menos, tres canles para facilitar a participación:
- Nivel inicial: gústache a idea pero aínda non sabes moi ben que facer nin como?
Simplemente subscribíndote a esta páxina recibirás información sobre as actividades e iniciativas que irán organizándose ao longo do curso.
- Nivel avanzado: apetéceche probar a facer algunha cousa e traballar con outras persoas? Tes unha idea clara e concreta de como avanzar na sostenibilidade no contexto da USC?
Na seguinte ligazón podes apuntarte a un dos grupos de transición en marcha ou por un a andar xuntando a outras persoas interesadas
Ponte en contacto connosco e trae a túa idea; tentaremos colaborar para conseguir recursos, organizar actividades e buscar aplicacións conxuntamente.









