Unha comunidade é un grupo ou conxunto de individuos que comparten elementos en común, coma costumes, valores, tarefas,localización xeográfica, etc. Por norma xeral, nunha comunidade créase unha identidade común, mediante a diferenciación doutros grupos ou comunidades ou pola identificación dunha necesidade ou meta que é compartida e elaborada entre os seus integrantes e socializada; aspecto que, se ben non é estritamente necesario, contribúe fortemente á consolidación da propia comunidade.

 

A comunidade da USC está constituída por alumnado, PDI e PAS que, ademais de compartir un espazo físico e un obxectivo académico común, pode fixarse unha meta no contexto da sostenibilidade.

 

A través da posta en marcha de iniciativas de participación e educación ambiental, a USC pode reducir a súa pegada e débeda ecolóxica, diminuír a súa dependencia enerxética e, a fin de contas, desenvolver unha maior resiliencia no contexto de crise ambiental no que nos atopamos.