Entrevista a Tamara Miguens, técnico ambiental da Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC
Entrevista a Tamara Miguens, técnico ambiental da Oficina de Desenvolvemento Sostible, realizada por Úrsula Neilson, alumna da Facultade de Ciencias da Comunicación e bolseira de Sostibilidade, Participación e Integración Universitaria en dito centro. A entrevista saíu publicada no blogue Común e persoal, editado por alumnos de Xornalismo.
Entrevista con Adrián Novo Piñeirúa, bolseiro de Aula Verde da Residencia Bal y Gay do campus de Lugo, sobre o proxecto de hortos de balcón da residencias.
Artigo de Francisco Heras para a revista El ECOLOGISTA (nº60), sobre a ausencia de aforros enerxéticos en moitas medidas ligadas á eficiencia tecnolóxica.
Informe da UK Industry Taskforce on Peak Oil & Energy Security (ITPOES) para o goberno do Reino Unido sobre os riscos do pico do petróleo e o seu futuro enerxético.
Amplo documento de Mike Toke, sobre o pico do petróleo, a súa repercusión na política enerxética e económica e as alternativas que existen a micro e macro escala para enfrontalo.
Fin del Cambio Climático como vía para «Salvar todos juntos el planeta»
Este texto de Ramón Fernández Durán, analiza o «secuestro» do debate sobre as medidas para mitigar o cambio climático por parte de organizacións e estados pro-Kioto e negacionistas.
É parte dun libro do mesmo autor titulado «La quiebra del capitalismo global 2000-2030″.
Artigo de Pepa Gisbert para a revista EL ECOLOGISTA (nº55) sobre a orixe da idea do decremento e a súa tradución en iniciativas e proxectos na actualidade.
Manual elaborado pola Asociación Galega de Horticultura Urbana a partir do libro de Josep Maria Vallès «El huerto urbano, manual de cultivo ecológico en balcones y terrazas» (Ed. El Serbal, 2007).
Recolle os fundamentos do cultivo en ecolóxico en terrazas, balcóns e hortos urbanos, propoñendo ferramentas para a escolla das especies e a súa organización e xestión.
La USC en Transición: una apuesta por la resiliencia energética
Resumo dos fundamentos teóricos e orixe do Programa USC en Transición en relación aos aspectos enerxéticos do movemento pola transición, expostos no curso da USC «Hacia el autoabastecimiento energético. Microgeneración distribuida de energía térmica y eléctrica».
Artigo de Rubén Suriñach para a revista Options que afonda nas estratexias de relocalización que necesariamente acompañan ás comunidades en transición.
Artigo publicado por Antonio Scotti na revista EcoHabitar sobre os primeiros pasos dados polas comunidades en transición de Kindsale e Totnes, referentes para o movemento pola transición.
Documento explicativo sobre as comunidades en transición que contén información do ‘Handbook Transition Towns, from oil dependency to local resilience’ de Rob Hopkins.
Expón os fundamentos das comunidades en transición, as súas características e os pasos necesarios para a súa posta en marcha.
De la idea a la acción. Aprendiendo del movimiento Transition Towns
Traballo de investigación de Juan del Río (tesina fin de máster) que describe a orixe do movemento pola transición e analiza a súa relación con outras propostas semellantes coma o movemento polo decrecemento.
Artigo dos profesores franceses Luc Semal e Mathilde Szuba que afonda na relación entre o movemento pola transición e os conceptos de resiliencia e relocalización.
Artigo de Javier Zarzuela publicado na revista ECOLOGISTA (marzo 2010), sobre a relación entre as comunidades en transición, o decrecemento e o ecoloxismo social.