- Organización
- O Departamento en números
- Calidade
- Personal
- Docencia en Grao
- Docencia en Másteres
- Máster de Enxeñaría de Procesos Químicos e Ambientais
- Documentos para estudantes e investigadores
- Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental
- Grupos de Investigación
- Produción científica
- Indice H
- Número SCI
- Normativas
- Seguridade
- Ligazóns
Misión: formar profesionais competentes, obter resultados de investigación aplicables e contribuir a crear unha cultura tecnolóxica no eido da Enxeñería Química baixo os principios de excelencia, ética e sostenibilidade.
Defensa de Tese Doutoral
06-02-2012
O pasado venres 3 de febreiro ás 11:00 no Salón de Actos da ETSE tivo lugar a defensa da Tese titulada "Degradation of pharmaceuticals compounds by ligninolytic fungi" pola doutoranda Dna Angelica Iliana Rodarte Morales, tese dirixida polos profesores D. Juan Manuel Lema e Dna María Teresa Moreira do Grupo de Investigación de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos (GI-1613).
Participación na Innovación Docente
22-01-2012
O Departamento de Enxeñaría Química ten como un dos eixos importantes no seu plan de traballo a mellora continua na docencia e investigación tal que redunde na formación dos nosos alumnos. Neste senso o Departamento vai ter unha presenza importante no "I Congreso de Innovación Docente en Ingeniería Química" que se celebrará en Granada os vindeiros 26-27 de xaneiro.
Faga click no título para ver máis información
Capacidade formativa do Departamento
16-01-2012
O investigador do Dpto. D. Ian Vazque Rowe atinxiu unha praza de R+D Engineer no Centre de Ressources des Technologies pour l'Environnement pertencente ao Centre Recherche Public Henri Tudor en Luxemburgo.
A Dra. Denisse Serrano Palacios, que defendeu a súa Tese no ano 2011 no Departamento de Enxeñaría Química, atinxiu un posto de Profesora no Departamento de Ciencias del Agua y Medio Ambiente do Instituto Tecnológico de Sonora, ITSON
Nomeamento da Profesora Anuska Mosquera como Profesora Titular de Universidade
09-01-2012
O día 20 de decembro de 2011 a profesora A. Mosquera obtivo o posto de Profesora Titular de Universidade da área de Enxeñaría Química no concurso-oposición que tivo lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñería. A dirección, en nome do Consello, quere felicitar á profesora polo éxito acadado.
Nomeamento da Profesora M.T. Moreira como Catedrática de Univerdidade
14-12-2011
O día 29 de novembro do 2011 a profesora Mª Teresa Moreira atinxiu o posto de Catedrática de Universidade da área de Enxeñaría Química no concurso-oposición que tivo lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñaría. A dirección, en nome do Consello, quere felicitar á profesora polo éxito acadado.
Premio ao Grupo de Investigación GI-1613
14-12-2011
O día 28 de novembro de 2011 o Grupo de Investigación de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos, que coordina o profesor Juan M. Lema, acadou o premio de invención e investigación en química aplicada “Premio Martinez Moreno” outorgado pola Fundación García Cabrerizo e a Universidade de Sevilla.
Resolución Bolsas Colaboración
02-12-2011
Hoxe pubricouse a resolución da primeira convocatoria de bolsas de colaboración do 2012. Sen embargo, chegou unha orde da Vicerreitoría de Titulacións e Persoal Docente e Investigador onde indica que non están aprobados os orzamentos para o próximo exercicio económico, e ata a súa aprobación non poderán convocarse as prazas
Convocatoria Monitor-colaborador de clases prácticas
14-11-2011
O Departamento de Enxeñería Química fai pública unha convocatoria de prazas de monitores colaboradores de clases prácticas para o ano 2012. O prazo de solicitude remata o 25 de novembro.
Mención de Excelencia para o Programa de Doutoramento de Enxeñaría Química e Ambiental
26-10-2011
O Programa de Doutoramento de Enxeñaría Química e Ambiental acaba de ser recoñecido polo Ministerio de Educación coa Mención de Excelencia, denominación que quere recoñecer a “solvencia científico-técnica e capacidade formadora” destes programas. Os programas que obtiveron esta Mención, segundo a convocatoria ministerial, integraranse nunha relación pública que pretende constituír un referente internacional. A validez desta recoñecemento de excelencia extenderase ao longo do presente curso e nos próximos de 2012-2013 e 2013-2014.
Defensa de Tese Doutoral
24-10-2011
O pasado venres 21 de outubro ás 11:00 no Salón de Actos da ETSE tivo lugar a defensa da Tese titulada "Effect of activated carbon on the removal of organic micropollutantws in activated sludge and membrane bioreactors" pola doutoranda Dna Denisse Serrano Palacios, tese dirixida polos profesores D. Juan Manuel Lema e D. Francisco Omil do Grupo de Investigación de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos (GI-1613).