Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultad de Ciencias de la Educación

Facultade de Ciencias da Educación

Facultade de Ciencias da Educación

Dirección

Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus sur
15782 Santiago de Compostela

Web: http://www.usc.es/cc_educacion
Correo electrónico: zedudeca@usc.es
Teléfono con extensión: 981563100-13717
Teléfono con extensión: 981563100-13879
Fax: 981547091

Ir a la Web propia

Bienvenida

A Facultade de Ciencias da Educación foi creada por Decreto da Xunta de Galicia de 17 de Outubro de 1996 mediante a fusión das anteriores institucións universitarias adicadas aos estudios pedagóxicos e á formación do profesorado: a Escola de Maxisterio e a Sección de Pedagoxía da Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación da Universidade de Santiago.

A actual Facultade, con ubicación provisional en dous edificios sitos no Campus Norte e no Campus Sur, é coas súas sete titulacións e con máis de 100 profesores e profesoras a máis importante institución universitaria de Galicia en canto ao estudio, á docencia e á investigación no campo da formación de especialistas e das profesións relacionadas cos procesos educativos.

É tamén un gran centro universitario se se pensa que nos dous últimos cursos arredor de 2.500 estudiantes estiveron matriculados, en cada un dos anoscursos académicos. É mesmo un centro con orixes vedrañas se temos en conta que en Santiago de Compostela se creou no 1849 a que foi a primeira Escolar Normal Superior de Galicia, dato que nos pón á veira do 150 aniversario.

A Facultade de Ciencias da Educación, que é sede de seis dos Departamentos da Universidade de Santiago, imparte no edificio do Campus Norte as seguintes titulacións de Diplomatura:
1. Mestre-Especialidade en Educación Primaria.
2. Mestre-Especialidade en Educación Infantil.
3. Mestre-Especialidade en Lingua Estranxeira.
4. Mestre-Especialidade en Educación Musical.

No edificio do Campus Sur imparte duas Licenciaturas e unha Diplomatura:

5. Licenciatura en Pedagoxía.
6. Licenciatura en Psicopedagoxía.
7. Diplomatura en Educación Social.

Introducción

Planos de Estudio
Licenciatura en Pedagoxía
Licenciatura en Psicopedagoxía (2º ciclo)
Diplomatura en Educación Social
Estatuto da Universidade de Santiago. Exames.
Normativa de Colación de Grao.

Esta é a institución académica que vos acolle. En nome do Equipo Decanal, do profesorado e demais membros da Facultade, quero dar a benvida a todo o estudiantado que ingresa neste centro, singularmente aos que se incorporan por vez primeira. Durante varios cursos vai ser este un espacio humano para o estudio, a formación, o diálogo e a convivencia; un espacio que se enriquecerá coa participación responsable e viva de todos. A nosa finalidade como institución de formación e de creación e desenvolvemento académico e cultural é a de formar profesionais debidamente cualificados nos distintos ámbitos especializados de intervención educativa e pedagóxica, que poidan contribuír ao desenvolvemento educativo e a dar respostas adecuadas ás necesidades, ás demandas e aos retos educativos e culturais existentes no noso entorno social.

Invitámosvos cordialmente a que vos sumedes a esta tarefa

O DECANO