Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales  »  Información de la Materia

161566 - Dirección de Empresas Comerciales (OPTATIVAS DE LA ESPECIALIDAD) - Curso 2011/2012

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5

Otros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
  • Departamentos: Organización de Empresas y Comercialización
  • Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
  • Centro: Facultad de Económicas y Empresariales
  • Convocatoria: Segundo Cuatrimestre
  • Docencia y Matrícula: null

Profesores

NombreCoordinador
ORDUÑA DOMINGO, MARIA TERESA.SI

Horarios

NombreTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exámenes
Grupo P01OrdinarioPrácticosNONO
Grupo T01OrdinarioTeóricosSISI

Programa

Existen programas da materia para los siguientes idiomas:

  • Castellano
  • Gallego
  • Francés
  • Portugués
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Como obxectivo xeral preténdese, por unha parte, iniciar o alumno nos conceptos fundamentais relacionados coa Dirección das Empresas Comerciais, presentarlle unha visión coherente dos grandes temas dende as diversas orientacións que o preparen para a aplicación de estratexias de captación, mantemento e incremento das cotas de mercado das que goza a empresa.

    Contidos
    - PARTE I. Nocións sobre a disciplina. Tipos de empresas comerciais
    * As canles de comercialización: estrutura, funcións e relacións
    * O comercio polo miúdo: elementos esenciais e aspectos estratéxicos
    * Os intermediarios das canles de márketing

    - PARTE II. Organización das redes de distribución: empresas independentes. Empresas integradas
    * A planificación das canles de comercialización
    * Os modelos de organización das canles de márketing

    - PARTE III. Planificación do subsistema comercial. Competitividade comercial
    * A dirección das canles de márketing.
    * As políticas de dirección da canle de comercialización e as posibles limitacións legais
    * Os sistemas informáticos e a xestión das canles de comercialización
    * A avaliación do rendemento das canles de comercialización

    - PARTE VI. Xestión do punto de venda: decisións de surtido, Merchandising e localización.
    * Organización espacial da distribución comercial
    * Alternativas estratéxicas de acción sobre do mercado” Merchandising”
    * Distribución e novas tecnoloxías

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica e complementaria

    - STERN, L.W. EL-ANSARY A.I., COUGHLAN A.T, MARTIN CHRITOPHER I.- Canales de Comercialización. Ed. Prentice Hall, 1998.

    - PELTON, L., Y OTROS.- Canales de Marketing y Distribución Comercial. Ed. Mcgraw Hill, 1999.

    - CRUZ ROCHE, I. y OTROS- “Los canales de distribución de los productos de gran consumo: concentración y competencia”. Ed. Pirámide. 1999.

    - A. CASARES, A. REBOLLO - Distribución comercial, Ed. Civitas S.A., Madrid, 2.000.

    - DIEZ DE CASTRO, E. Y FERNÁNDEZ, J.C.- Distribución comercial. Ed. Mcgraw Hill, 1997.

    - DIEZ DE CASTRO, C. Y LANDAS BERCEBAL, F.J.- Merchandising. Ed. Pirámide, 2000.

    - SANCHEZ FERNANDEZ, J.-Sistemas de información en las organizaciones: El EDI en los canales de distribución. Ed. Pirámide, 2001.

    - VAZQUEZ CASIELLES Y OTRO.- Distribución comercial: estrategias de fabricantes y detallistas, Ed. Civitas S.A., 1997.

    -PEÑA LLOPIS, JUAN.- “Sistemas de información geográfica aplicados a la gestión del territorio: entrada, manejo, análisis y salida de datos espaciales : teoría general y práctica para ESRI ArcGIS 9” / 2ªed. Edita. San Vicente (Alicante) : Club Universitario, [2008]III, 310 p. : il. + 1 CD-ROM.
    Competencias
    O desenvolvemento deste programa debe permitir conseguir que o alumno acade o obxectivo fundamental proposto: que consiga uns coñecementos amplos e coherentes sobre as disciplinas. En todo caso, aínda recoñecendo que todo programa é susceptible de solucións alternativas, intentouse que o número, a estrutura e a secuencia dos temas responda aos obxectivos fundamentais que trazou o Plan de estudos, cubrindo e desenvolvendo, de forma axeitada e sistemática, os contidos principais das disciplinas.

    A materia Dirección de Empresas Comerciais, deben cubrir un dobre obxectivo:
    * Dotar os alumnos dunha visión e coñecementos extensivos da Dirección Comercial como área funcional da empresa, e
    * Servir de base para unha posterior especialización daqueles que opten por esta liña de actividade laboral.

    Agora, convén delimitar e desenvolver a estrutura do programa –que está recollida ao final deste apartado no programa sintético– sobre a base de distintas consideracións de índole contextual e de desenvolvemento da materia.

    Metodoloxía da ensinanza
    Co obxecto de facer posible un adecuado afondamento, reflexión e toma de postura persoal, e de evitar a redución a unha mera presentación de propostas sen base obxectiva ningunha, faise preciso:

    a) Proporcionar unha información previa, ampla e ben estruturada dos conceptos básicos e formulacións teóricas e operativas sobre as disciplinas en cada un dos temas que se inclúen na programación.

    b) Mostrarlle ao alumno cal é o panorama actual da disciplina obxecto do programa.

    c) Potenciar nos alumnos a tarefa investigadora, reflexiva, e facerlles tomar conciencia do importante papel que xoga hoxe en día a utilización das técnicas de Dirección de Empresas Comerciais para garantir o éxito na xestión empresarial.

    d) Resaltar a importancia do coñecemento das técnicas de tratamento estatístico encamiñadas á comprensión dos procesos que estudan as relacións existentes entre as distintas dimensións do coñecemento científico, tanto para os fins didácticos como para a toma de decisións.

    e) Facilitar a aprendizaxe dos alumnos a través dunha adecuada comunicación profesor-alumno, no ámbito do Departamento Universitario, co fin de acadar un maior nivel de comprensión e xeneralización dos coñecementos que deben adquirir.

    Sistema de evaluación
    A través da realización de exames e, en concreto, dun exame parcial liberatorio da parte teórica ou práctica, ademais do obrigado exame final. Non son partidaria de realizar un único exame final por entender que, dado o amplo número de variables que poden incidir nel, resultaría un instrumento de avaliación pouco fiable.

    As datas deste exame parcial fixaranse a principio de curso, de acordo cos alumnos, situándose a súa celebración ao redor do mes de xaneiro. Os alumnos que non se presentaran ou suspenderan o exame cuadrimestral realizado ao final deste período poderán presentarse ao exame final coa materia correspondente, sen que sexa pertinente realizar exames parciais. Será preceptivo, para superar o aprobado nos exames finais, que os alumnos procedan, sós ou en grupo, a exposición oral en horario lectivo, dun traballo elixido con anterioridade por eles mesmos, que xire en torno a un tema xeral da materia, diferente en cada curso académico, proposto con anterioridade polo docente desta materia ou polos discentes, para o cal, entón, deberá ser aprobada a materia pola profesora da materia. A este efecto, facilitaráselles bibliografía, material docente complementario se fora posible, e unha titoría continuada durante todo o transcurso do exercicio académico, co fin de acadar os obxectivos propostos, que se desenvolverá despois das clases lectivas, os xoves.

    Por outro lado, pénsase que os contidos desta materia deben quedar, á vez, claros e relacionados entre si, polo que o tipo de proba escrita que se propón é unha combinación entre proba obxectiva e preguntas curtas nas que se relacionen contidos. Desta maneira, quedarían solucionados os posibles inconvenientes da proba obxectiva (prima o detalle concreto sobre os conceptos xerais ou a relación entre ideas) e, á súa vez, tamén quedan solucionados os inconvenientes que presentan os exames tradicionais (factores de azar e sorte, esforzo que esixe o profesor e risco de subxectividade presente no proceso).

    Xunto coas preguntas de contido teórico, que supoñen un 80% da nota no parcial, preséntase un breve enunciado onde se fai a descrición dunha investigación; en torno a el fanse unha serie de preguntas concretas que o alumno ten que resolver, o que lle supón o 20% restante da nota do exame.

    En relación coa exposición oral dicir que, malia que é máis aburrida, consigue axudar a superar as dificultades que tradicionalmente se presentan nestas formas de expresión en público, preparando o alumno para as circunstancias nas que, ao longo da súa vida profesional, deba utilizar estes procedementos. Son moi poucos os alumnos que ao principio mostran entusiasmo por esta modalidade de exposición obrigatoria, xa que e, sen lugar a dúbidas, a que esixe unha maior preparación e esforzo pola súa parte, non obstante, a súa eficacia á larga, fai recomendable o seu uso.

    Para que unha parte, teórica ou práctica, se considere superada, é necesario obter como mínimo a cualificación de aprobado. A nota final será a media aritmética obtida no exame teórico e no traballo práctico, sendo necesario que cada un deles sexa previamente superado.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ademais das tres horas semanais lectivas, deberan dedicarse á materia outras tres dedicadas a afondar nela, mediante lecturas, traballos prácticos e procuras bibliograficas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Realizar unha permanente actualización e revision dos contidos da materia a través da lectura de revistas especializadas, visitas a empresas, practicas e consultas nas redes de información de soporte electrónico.