Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escuela Universitaria de Enfermería (Lugo)

Escola Universitaria de Enfermaría [L]

Escola Universitaria de Enfermaría [L]

Dirección

Complexo docente do campus de Lugo
27002 Lugo

Web: http://www.usc.es/enfermeria_lugo
Correo electrónico: eueldeca@usc.es
Fax: 982824908
Teléfono: 982824900

Ir a la Web propia

Bienvenida

A Escola de Enfermería de Lugo comeza como Escola de A.T.S. no ano 1972, segundo regulación do Decreto de 27 de agosto de 1952, 4 de decembro de 1953 e 4 de xullo de 1955 do Ministerio de Educación e Ciencia; pertencendo económica e administrativamente ó Insalud, estando adscrita á facultade de medicina de Santiago de Compostela.

Desenvolve a súa actividade académica como Escola de ATS ata 1977.

En 1977, por Real Decreto 2.128/1977 apróbase a conversión da Escola de ATS en Escola Universitaria de Enfermería, polo que esta Escola intégrase na Universidade de Santiago de Compostela

A EUE de Lugo é un Centro Docente onde se cursan os estudios de Diplomado en Enfermería segundo o R.D. 2.128/77 de 23 de xullo, de Orde Ministerial de 31 de outubro de 1977 e segundo R.D. 1497/87 de 27 de novembro polo que se establecen as directrices xerais comúns ós planos de estudios dos Títulos Universitarios de carácter oficial, modificado á súa vez polo R.D. 1267/94 de 10 de xuño, o cal é corrixido en fe de erratas no BOE de data 14 de xuño de 1994.

Unha das consecuencias máis importantes da integración na Universidade das Escolas de ATS como Escolas Universitarias de Enfermería, foi eleva-la Enfermería á categoría de profesión ó ser incluídas as súas ensinanzas na Universidade.

Actualmente estase a impartir, para os alumnos de terceiro curso, o plano de estudios regulado no R.D. 1267/94, publicado no BOE de data 6 de abril de 1996, e para os alumnos de primeiro e segundo curso o plano 47; segundo a Resolución de 6 de novembro da Universidade de Santiago de Compostela, publicada no BOE núm. 290 de 4 de decembro de 2000, que substitúe ó anterior e que no próximo ano será o que se imparta tamén para os alumnos de terceiro.

DEPENDENCIA

Academicamente depende da Universidade de Santiago de Compostela.
Economicamente depende do SERGAS (Servicio Galego de Saúde).

Axusta as súas funcións ó Regulamento Provisional de Réxime Xeral que para as Escolas adscritas elaborou no ano 1986 o INSALUD, ratificado para esta Escola Universitaria de Enfermería polo SERGAS con data de 24 de outubro de 1991.

FINS

Os fins da Escola de Enfermería de Lugo son:
1. Formar profesionais de enfermería adaptados ás necesidades socioeconómicas e sanitarias do país.

2. Enfoca-la docencia de tal xeito que encamiñe o alumno en busca dos diferentes campos que a profesión de Enfermería pode ofrecerlle, promovendo a investigación, a docencia, a xestión e a función asistencial.

3. Contribuír ó melloramento da asistencia sanitaria, mediante a oferta de Cursos de Posgrao, Especialización, Xornadas de Enfermería, etc.

4. Contribuír ó perfeccionamento científico, humanístico e técnico dos profesionais de enfermería.

FILOSOFÍA

A filosofía da EUE de Lugo baséase nos criterios que o equipo directivo e docente da mesma posúe respecto á concepción do ser humano como un ente biopsicosocial, así como no referente ó concepto de saúde e da natureza dos coidados de enfermería.

Concíbese o home coma un ser bio-psico-social mergullado nun ambiente determinado, o cal vai influír nel dunha forma positiva ou pola contra, negativa; o que levará á necesidade de repara-las posibles consecuencias que poidan condiciona-la súa saúde, no máis amplo sentido da palabra e axustándonos á definición que de saúde nos dá a OMS.

A saúde así considerada non é de natureza constante, senón relativa e en cada persoa existe unha marxe de variación con unha escala cualitativa e cuantitativa dentro da que se pode gozar e actuar en saúde. Todo isto presupón un equilibrio inestable ou proceso dinámico condicionado por factores internos e externos ó propio individuo.

Filosoficamente considerámo-lo home como unha persoa con capacidade de coñecerse a si mesmo, coa facultade de axuda cara ós demais e de utiliza-las ideas, palabras, símbolos para pensar, comunicar e guia-los seus esforzos a fin de desempeñar accións beneficiosas para el e os seus conxéneres.

O home ten ademais a capacidade de reflexionar e lembra-las súas propias experiencias. Todo isto leva a encamiña-lo seu proceder en beneficio, ou pola contra, en prexuízo do ser co que convive.

A Escola entende por Enfermería a axuda e posta en práctica de tódolos coñecementos que esta carreira aporta, co fin de atende-las necesidades da persoa que sofre un proceso patolóxico, proporcionando ademais, coidados destinados a reduci-las súas molestias; co fin de que acade ó máximo un benestar dentro das súas posibilidades, apoia-lo proceso de adaptación do paciente mentres se somete ós procedementos médicos e cirúrxicos adecuados para a súa curación; así como contribuír á súa recuperación, ensinanza de autocoidados e reducir padecementos á hora da súa morte.

Por último, consideramos que a necesidade dos coidados de enfermería é universal; e polo tanto, comprometémonos a educar profesionalmente os nosos alumnos tomando como premisa os seguintes postulados deontolóxicos.

1. O respecto pola vida, a dignidade e os dereitos do ser humano son condicións esenciais de Enfermería.

2. Non se fará distinción ningunha fundada en consideracións de nacionalidade, raza, relixión, color, idade, sexo opinión política ou condición social.

3. O profesional de Enfermería debe atender en primeiro termo a aquelas persoas que necesiten dos seus servicios profesionais.

4. O profesional de Enfermería, no exercicio da súa profesión, creará un medio ambiente no que os valores, costumes e crenzas do individuo sexan respectadas.

5. A/o enfermeira/o manterá reserva sobre a información persoal que reciba e utilizará a maior discreción, compartindo esa información só con quen corresponda e cando sexa necesario.

6. A/o enfermeira/o é persoalmente responsable da súa actuación profesional de manter válida a súa competencia por medio dunha formación permanente.

7. Adaptada á realidade dunha situación específica, a calidade de traballo dos profesionais de Enfermería será, en cada caso, a máis elevada posible.

8. A/o enfermeira/o avaliará con espírito crítico a competencia dos individuos, sempre que teña que aceptar e delegar responsabilidades.

9. No exercicio da súa profesión, a/o enfermeira/o debe manter unha conducta irreprochable que dea creto á súa profesión.

10. A/o enfermeira/o comparte con outros cidadáns responsabilidades das iniciativas e accións tendentes a satisface-las esixencias sanitarias e sociais da colectividade.

11. A/o enfermeira/o coopera coas persoas coas que traballa no eido da Enfermería ou noutras áreas.

12. Cando os coidados que recibe un paciente son postos en perigo por outro profesional, a/o enfermeira/o debe toma-la decisión máis adecuada e actuar en consecuencia, asumindo a responsabilidade que derive da súa actuación.

13. Cabe á/ó enfermeira/o a definición e aplicación das normas desexables relativas ó exercicio e ó ensino da Enfermería.

14. A/o enfermeira/o contribúe activamente ó desenvolvemento do acervo de coñecementos propios da Enfermería.

15. A/o enfermeira/o participará no establecemento e mantemento das condicións de traballo de Enfermería que sexan económica e socialmente xustas.

Estes criterios vense ampliados sobre todo nas materias optativas e de libre elección; estas implican a Enfermería nunha nova perspectiva respecto ás funcións a desempeñar polos enfermeiros, como pode ser: a informática, a investigación, un maior acceso á información mediante a aprendizaxe de idiomas, a xestión, etc., así como o coñecemento doutras disciplinas ofertadas ó alumno en centros da USC.

A FORMACIÓN BÁSICA EN ENFERMERÍA

Esta Escola de Enfermería ten presente, ó planificar e programa-las ensinanzas, tres aspectos fundamentais:

- En primeiro lugar o Sistema

Bienvenida

Educativo Español, no que estamos mergullados: a ensinanza de Enfermería debe ser impartida na orde académica baseada na lexislación vixente. Calquera lexislación educativa pertencente ó nivel universitario é aplicable a tódalas disciplinas aprendidas na Universidade.

- Outro aspecto importante no Sistema Sanitario do noso país, condicionante decisivo das nosas ensinanzas, observa: é primordial formar profesionais capaces de traballar baixo os principios, planos, organización e tipo de asistencia sanitaria que posúe o Sistema de Saúde Español.


- Por último, a ensinanza da disciplina de Enfermería debe estar mergullada no marco conceptual da profesión; debe ser orientada, planificada, ensinada, aprendida segundo o modelo que guíe as accións dos estudiantes, futuros enfermeiros.

Consideramos nesta escola, que este primeiro ciclo da educación de Enfermería prepara ás/ós profesionais para que sexan quen de planificar, administrar e avaliar os coidados prestados a un individuo ou a un grupo no medio extra ou intrahospitalario.

PRÁCTICAS CLÍNICAS

Os Planos de Estudios da Diplomatura de Enfermería contemplan unha parte teórica, a impartir na propia Escola e unha parte práctica.

A parte práctica divídese en prácticas de laboratorio e prácticas en centros de hospitalización do C. H. Xeral-Calde, para os alumnos de primeiro curso.

Os alumnos de segundo e terceiro curso realizan as prácticas nos diferentes servicios dos centros de hospitalización do C.H. Xeral-Calde, Hospital de San José e Centros de Atención Primaria de Fingoi, S.Roque, Islas Canarias, Sagrado Corazón e Milagrosa.

As prácticas de primeiro curso desenvólvense nos meses de abril e maio de 2001.

As prácticas de segundo e terceiro curso desenvólvense no período comprendido entre o 23 de outubro de 2001 ó 30 de maio de 2002.