Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escuela Técnica Superior de Ingeniería

Escuela Técnica Superior de Ingeniería

Escuela Técnica Superior de Ingeniería

Dirección

Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. Campus Sur
15782 Santiago de Compostela

Teléfono: 881816700
Teléfono con extensión: 981563100-16701
Fax: 881816702
Correo electrónico: etse.secredireccion@usc.es
Web: http://www.usc.es/etse

Ir a la Web propia

Bienvenida

Caixa do correo do director da ETSE


HISTORIA

A Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) é o Centro máis novo da Universidade de Santiago de Compostela. Foi creada no ano 2003 co obxectivo de dar acubillo as titulacións tecnolóxicas do campus de Compostela nos ámbitos das Enxeñarías Ambiental, Informática e Química.

Acolle actualmente as titulacións de Enxeñaría Química -recoñecida por quinto ano consecutivo no ranking de El Mundo entre as 5 mellores de España-, Grao en Enxeñaría Informática -á que se accede coa nota de corte máis elevada de tódalas enxeñarías informáticas do Estado, e o Master en Enxeñaría Ambiental pioneiro en España e cunha magnífica traxectoria.

Nos Departamentos que dan soporte a estas titulacións desenvolven a súa actividade grupos de referencia, recoñecidos internacionalmente, e que segundo o traballo do grupo Scimago da Universidade de Granada, recollida nun estudio de Universia, sitúanse nas 5ª e 10ª posición investigadora nos ámbitos da Enxeñaría Química e das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións.

A Escola quere distinguirse polo seu espírito innovador en Docencia e Investigación e polo seu ambiente de traballo estimulante e amable. Mantén iniciativas innovadoras como o programa de “Aula Profesional” -onde se complementa a formación en capacidades transversais-; a docencia de materias en inglés; a elaboración de informes anuais de titulación -con propostas de mellora-; o programa de titorías personalizadas ou o recoñecemento da docencia por medio dos “Premios Leonardo”.

O sistema docente está incorporando progresivamente elementos que procuran a formación orientada á aprendizaxe e así en moitas das materias se realizan traballos e proxectos cunha repercusión relevante nas cualificacións finais. No derradeiro ano as taxas de éxito (porcentaxe de créditos aprobados sobre créditos presentados) nas titulacións de Enxeñaría Química en Enxeñaría Técnica Informática foron do 75,5% e do 82,5%, taxas que aínda esperamos mellorar.

O importante número de actividades complementarias (actos, cursos, visitas, obradoiros, etc), máis de 100 o ano 2010, da conta do dinamismo dos nosos alumnos, PAS e Profesores.

Mantemos unha política de mellora continua co fin de presentar unha oferta docente de calidade e para esto o persoal de administración e servizos e os profesores esforzámonos no traballo diario.

Sentímonos orgullosos dos nosos alumnos e dos nosos titulados que, en moitos casos, ocupan xa postos de responsabilidade en Empresas e Institucións e esperamos que os nosos estudiantes compartan este sentimento.

Benvida e Benvido á nosa (á túa) Escola,

Juan M. Lema Rodicio
Director da ETSE