Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultad de Filología

Facultad de Filología

Facultad de Filología

Dirección

Avda. Castelao, s/n. Campus norte
15782 Santiago de Compostela

Web: http://www.usc.es/filoloxia
Correo electrónico: zfixdeca@usc.es
Teléfono con extensión: 981563100-11750
Teléfono con extensión: 981563100-11759
Fax: 981574646

Ir a la Web propia

Bienvenida

A Facultade de Filoloxía da USC naceu no ano 1973, a consecuencia da división da antiga Facultade de Filosofía e Letras (da que formaba parte, con varias seccións) en tres novos centros (Filoloxía / Filosofía e Ciencias da Educación / Xeografía e Historia). Nos primeiros anos da súa andadura tivo a súa sede no edificio do Colexio de Exercitantes situado na praza de Mazarelos, e de alí pasou á súa localización actual, nun novo edificio construído a tal efecto no extremo septentrional do campus Norte da USC (antigo Burgo das Nacións). No ano 1973, as titulacións impartidas na nova Facultade eran: Filoloxía Clásica, Filoloxía Hispánica (con dúas seccións: Español / Galego-Portugués), Filoloxía Románica (cunha única primeira especialización en Francés, á que, poucos anos despois, se engadiría unha segunda en Italiano) e Filoloxía Xermánica (en principio, coa posibilidade única de especializarse en Inglés; máis adiante, tamén en Alemán). Nestes casos, os estudos estaban divididos en dous ciclos, dos que o primeiro, de tres anos, era común para as distintas especialidades que colgaban desa titulación, e tiña tamén bastante en común entre as distintas titulacións, mentres que o segundo, de dous anos, permitía acadar unha especilización en torno á(s) lingua(s) que servían de eixo a esa especialidade. No ano 1994 produciuse unha reforma global dos plans de estudos, que, entre outras cousas, supuxo a introducción do crédito como unidade de medida e valoración das materias e a ampliación das competencias das universidades, ao limitarse o MEC a establecer unha relación de materias troncais que obrigatoriamente teñen que figurar en tódalas universidades españolas, pero deixando unha ampla marxe para a fixación de materias obrigatorias de universidade e de materias optativas que o alumno pode escoller, ademais de recoñecer a existencia dun número de créditos de libre configuración. Pero tamén serviu para cambiar a estrutura das titulacións, que pasaron desde ese momento a ser nove (as mesmas que se imparten no curso actual), coa especialización marcada a partir do segundo ano (o primeiro é o único que presenta unha estrutura relativamente común a todas elas). No curso 2000-01 produciuse unha modificación dese plano de estudios, que non altera a estrutura básica do mesmo, pero que intenta mellorar na medida do posible o que viña funcionando desde 1994. Nesta modificación, vólvese a recomendar a organización dos estudos en cinco anos, dos que tres (cun total de 180 créditos) corresponden ao primeiro ciclo, e dous (120 créditos) ao segundo. Facilítase tamén a consecución dunha segunda licenciatura en Filoloxía mediante o establecemento de materias optativas transversais, e mediante a posibilidade de cursar os complementos de formación preceptivos dentro da materia troncal Segunda lingua e a súa literatura e as optativas que complementan esa troncal. Canto á valoración dos créditos, insístese na conveniencia de establecer, en determinadas materias, créditos non presenciais, consistentes en actividades de diversos tipos que deben aparecer reflexadas nos programas correspondentes, e téntase potenciar a obtención de créditos de libre configuración realizando prácticas en empresas.