Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultad de Filología  »  Información de la Materia

G5071325 - Textos Latinos 4 (Maior en Filología Clásica) - Curso 2011/2012

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 16.00
  • Clase Interactiva Seminario: 32.00
  • Horas de Tutorías: 3.00
  • Total: 51.0

Otros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grado RD 1393/2007
  • Departamentos: Latín y Griego
  • Áreas: Filología Latina
  • Centro: Facultad de Filología
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulaciones de Grado/Máster
  • Docencia y Matrícula: null

Profesores

NombreCoordinador
DIAZ DE BUSTAMANTE, JOSE MANUEL.SI

Horarios

NombreTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exámenes
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINO
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TutoríasNONO
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TutoríasNONO

Programa

Existen programas da materia para los siguientes idiomas:

  • Castellano
  • Gallego


  • Obxectivos da materia
    No conxunto do grao en Filoloxía Clásica, esta materia é a continuación do labor comezado con Textos 1-3 para consolidar o coñecemento dos recursos do latín literario.
    1.- Coñecemento directo da lingua dos textos latinos do período arcaico, comprendidos entre o seculo IV e comezos do seculo I antes de Cristo.
    2.- Lectura e comentario dalgúns dos textos máis salientables deste período.
    O obxectivo último desta materia é a comprensión dos textos propostos no programa, nos seus diferentes aspectos (lingüístico, literario e cultural). Un obxectivo máis inmediato é a adquisición dun léxico latino que outorgue ao alumno soltura e autonomía na lectura destes textos e doutros que se lle propoñan no futuro. Tamén conta como obxectivo unha introdución elemental á métrica e ós recursos específicos dos textos en verso do período arcaico.


    Contidos
    A. Parte teórica:
    1.- Rasgos lingüísticos máis salientables da lingua latina no período arcaico.
    2.- Rasgos literarios máis salientables da lingua latina no período arcaico.
    3.- O teatro romano.
    B. Parte práctica a desenvolver nas clases:
    Fase inicial:
    Lectura e comentario do Curculio de Plauto e unha selección de textos epigráficos.
    Fase de consolidación:
    Aínda que no descriptor non se inclúe, por un erro manifesto, o ben do alumnado esixe que se manteña a correlación prosa/ verso obsevabel nas materias anteriormente cursadas, de xeito que, para acadar unha visión seria do contexto da literatura en verso, faranse incursións nos eidos da prosa cando se considere convinte; así, na aula, procurarase a lectura e comentario da Oratio pro Rhodiensibus de Catón e unha selección das Leges XII Tabularum e do Senatus Consultum de Bacchanalibus.
    C. Parte práctica que se levará a cabo na casa:
    Lucrecio, De rerum natura, libro 4, 1049-1207 y libro 6, 1090-1286.

    Lecturas obrigatorias:
    Beare, W. La Escena romana: una breve historia del drama latino en los tiempos de la República, Buenos Aires 1972.
    Frank, T. Vida y Literatura en la República Romana, Buenos Aires: Eudeba 1971


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    Plauto: Lindsay, W. M., T. Macci Plauti Comoediae, Oxford Classical Texts, Oxford 1904-1905/1989.
    Inscripcións: Ernout, A., Recueil des textes latins archaïques, Paris 1957/1973, e Warmington, E. H., Remains of Old Latin, vol. 4, "Archaic Inscriptions".
    Lucrecio: Valentí Fiol, E., T. Lucreti Cari de rerum natura, 2 vols., Alma Mater, Barcelona 1961.
    Calboli, G., M. Porci Catonis oratio pro Rhodiensibus, Bologna 1978

    Bibliografía complementaria:
    Devoto, G., Storia della lingua latina di Roma, Bologna 1987.
    Lindsay, W. M., Handbook of Latin inscriptions illustring the history of language, Boston-Leiden 1847
    Marouzeau, J., Introduction au latin, Paris 1942.
    Meillet, A., Historia de la lengua latina, Reus 1973.
    Palmer, L. R., Introducción al latín, Barcelona 1984.
    Pighi, G. B., "Storia della lingua latina" en La lingua latina nei mezzi della sua espressione, vol. I de la Enciclopedia Classica, Torino 1968.
    Pisani, V., Storia della lingua latina. le origini e la lingua letteraria fino a Virgilio e Orazio, Torino 1962
    Pisani, V., Testi latini arcaici e volgari, Torino 1960.

    Dicionarios:
    Ernout, A. - Meillet, A. - André, J., Dictionnarire étymologique de la langue latine. Histoire des mots, Paris 1979.
    Glare, P. G. W. (ed.), Oxford Latin Dictionary, Oxford 1996.
    Gaffiot, F. Dictionnaire illustré latin-français, Paris 1934
    Lewis, C. T. & Short, Ch., A Latin Dictionary, Oxford 1975


    Competencias
    O alumno acadará competencias para a tradución, análise e comentario de textos en prosa e en verso representativos da época arcaica, e a capacidade de elaborar o seu comentario filolóxico:
    • Coñecemento da grafía e dos rasgos lingüísticos (fonéticos, fonolóxicos, morfolóxicos, sintácticos, etc.) máis característicos da lingua latina do período arcaico.
    • Coñecemento dos rasgos literarios máis característicos da literatura latina do período arcaico.
    • Coñecemento dos métodos e procesos da análise filolóxica.
    • Destreza na elaboración dun comentario de textos latinos arcaicos.
    Como competencias específicas buscaranse:
    • Consecución dun nivel de comprensión profunda dos textos latinos deste período.
    • Adquisición dun dominio instrumental do léxico, e dos mecanismos lingüísticos característicos dos textos latinos desta época.
    • Identificación e valoración das peculiaridades destes textos, con particular atención ós procedementos retóricos.


    Metodoloxía da ensinanza
    O curso desenvolverase a partir da explicación do profesor, nas sesións expositivas, dos fundamentos tanto teóricos como prácticos: lectura, comentario e tradución dos textos seleccionados.
    En sesións de seminario, serán tamén os alumnos os que, cara ó final de curso, expoñan os resultados dos seus traballos (sobre os temas propostos no programa) sempre debidamente documentados.
    Haberá unha sesión de avaliación dedicada ao control da lectura obrigatoria proposta no programa.
    A ensinanza será fundamentalmente a base de exercicios prácticos sobre os textos seleccionados para ser lidos e comentados na clase; haberá un comentario dos problemas da transmisión do texto, se os houbera, cara á comprensión do aparato crítico.
    • Comentario lingüístico
    • Comentario literario
    • Contextualización do texto
    • Tradución


    Sistema de evaluación
    1- Valorarase a asistencia participativa á clase: 30%
    2- Valorarase a participación activa nas clases: realización da tradución, análise e comentario dos textos propostos: 30%
    3- Superación das probas que se farán ao longo do curso: 40%


    Tempo de estudo e traballo persoal
    A comprensión dos textos latino esixe un traballo constante. É aconsellable que o estudante dedique alomenos unha hora diaria á preparación das clases.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase o manexo sistemático dun dicionario etimolóxico e dun manual de sintaxe latina. É necesaria a aprendizaxe cotián do léxico atopado na lectura dos textos.