Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultad de Humanidades  »  Información de la Materia

G5091108 - Lengua Gallega 1 (Lengua Gallega) - Curso 2011/2012

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Tutorías: 3.00
  • Total: 51.0

Otros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grado RD 1393/2007
  • Departamentos: Filología Gallega
  • Áreas: Filologías Gallega y Portuguesa
  • Centro: Facultad de Humanidades
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulaciones de Grado/Máster
  • Docencia y Matrícula: null

Profesores

NombreCoordinador
Silva Dominguez, M Carme.SI

Horarios

NombreTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exámenes
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINO
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TutoríasNONO

Programa

Existen programas da materia para los siguientes idiomas:

  • Castellano
  • Gallego


  • Obxectivos da materia
    • Coñecer os distintos niveis de análise gramatical, as diferentes perspectivas de estudo e as correspondentes disciplinas lingüísticas.
    • Comprender a complexidade do feito lingüístico e a interrelación entre as distintas compoñentes gramaticais.
    • Iniciarse na reflexión lingüística sobre o galego (nas diferentes compoñentes gramaticais) a través da análise de cuestións concretas e, esencialmente, daquelas nas que teñen traballado desde un punto de vista descritivo.
    • Coñecer conceptos e métodos fundamentais de análise gramatical do galego (semántica, sintáctica, morfolóxica e fonética)
    • Coñecer ferramentas e recursos aos que poder acudir para a resolución de dúbidas, para a ampliación de coñecementos ou para a obtención de datos de cará á reflexión lingüística
    • Iniciarse na lectura de traballos de investigación lingüística
    • Iniciarse na elaboración de traballos de análise gramatical sobre o galego
    • Consolidar un dominio avanzado na produción de textos galegos orais e escritos.

    Contidos
    1. Presentación dun traballo académico
    2. Recursos para o uso e a aprendizaxe do galego
    3. Linguaxe, linguas e lingüística
    4. Cuestións de semántica
    4.1. O significado das palabras. Tipos de significado.
    4.2. Universais e particulares léxicos
    4.3. A combinatoria léxica
    5. Cuestións de morfoloxía
    5.1. Unidades e procesos morfolóxicos
    5.2. Flexión de palabras vs. creación de palabras.
    6. Cuestións de sintaxe
    6.1. Unidades sintácticas e unidades comunicativas.
    6.2. Funcións sintácticas, semánticas e informativas.
    7. Fonética
    7.1. Divisións da fonética
    7.2. A fonética articulatoria
    7.3. O Alfabeto Fonético Internacional e a transcrición fonética.

    Bibliografía básica e complementaria
    BÁSICA
    REPERTORIOS BIBLIOGRÁFICOS
    García Gondar, F. (dir.) (1995): Repertorio bibliográfico da lingüística galega: desde os seus inicios ata 1994 inclusive. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Pódese consultar unha versión actualizada en
    http://www.cirp.es/WXN/wxn/frames/bilega.html.
    Regueira Fernández, X.L. (coord.) (1996): Guía bibliográfica da lingüística galega. Vigo: Xerais.
    DICIONARIOS DE LINGÜÍSTICA
    Alcaraz Varó, E. (2004): Diccionario de lingüística moderna. Barcelona: Ariel.
    Câmara Júnior, J. Mattoso (1985): Dicionário de linguistica e gramática : referente à língua portuguesa. Petrópolis : Vozes
    Crystal, D. (1987): The Cambridge encyclopedia of language. Cambridge : University
    Moreno Cabrera, J. C. (1998): Diccionario de Lingüística neológico y multilingüe, Madrid: Síntesis.
    Simpson, J. M. Y. (1994): The Encyclopedia of language and linguistics, Oxford : Pergamon Press.
    Trask, R. L. (2007): Language and linguistics: the key concepts. London/New York: Routledge.
    Werner, W. (1985): Lingüística moderna : terminología y bibliografía. Madrid: Gredos.
    Xavier, M. F. / M. H. Mateus (1990/1992): Dicionário de termos linguísticos, Lisboa: Cosmos.
    GRAMÁTICAS GALEGAS E OUTRAS OBRAS DE REFERENCIA
    Álvarez, R. / X. Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
    Freixeiro Mato, X. R. (1998-2000): Gramática da Lingua Galega I, II e III. Vigo: A Nosa Terra.
    González González, M. e A. Santamarina (coord.) (2004): Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa). A Coruña: RAG / Santiago: ILG.
    Hermida Gulías, C. (2004): Gramática práctica (morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
    ILG / RAG (2003): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago: ILG / RAG.
    Ramallo, F. / X. P. Rodríguez Yáñez (eds.): Manual de ciencias da linguaxe, Vigo: Xerais
    Regueira Fernández, X. L. (coord.) (1998): Os sons da lingua. Vigo: Xerais.
    COMPLEMENTARIA
    SEMÁNTICA
    Cuenca, M. J. / J. Hilferty (1999): Introducción a la lingüística cognitiva. Barcelona: Ariel.
    Hudson, R. (1995): Word Meaning. London: Routledge.
    Luque Durán, J. de D. (2001): Aspectos universales y particulares del léxico de las lenguas del mundo. Granada: Método.
    Rio-Torto, Graça / Ana Cristina Macário Lopes (2007): Semântica. Lisboa, Caminho.
    MORFOLOXÍA
    Azuaga, L. (1996): “Morfologia”, en Isabel Hub Faria et alii (orgs.): Introdução à Linguistica Geral e Portuguesa, Lisboa: Caminho, 215-246.
    Matthews, P. H. (1991): Morphology, Cambridge: Cambridge University Press. Existe traducción española da primeira edición (1974): Morfología, Madrid: Paraninfo, 1980.
    Pena, J. (1991): “La palabra: estructura y procesos morfológicos”, Verba 18, 69-128.
    SINTAXE
    Cuenca, M. J. (1996): Sintaxi fonamental: les categories gramaticals, Barcelona: Empúries.
    Duarte, I. / A. Mª. Brito (1996): “Sintaxe”, en I. Hub Faria et alii (org.): Introdução à linguistica geral e portuguesa, Lisboa: Caminho, 247-302.
    García-Miguel, J. M.ª (1995) Las relaciones gramaticales entre predicado y participantes, Santiago de Compostela: USC.
    FONÉTICA
    Catford, J. C. (1988): A practical introduction to phonetics. Oxford: Clarendon.
    Ladefoged, P./I. Maddieson (1996): The Sounds of the World's Languages, Oxford: Blackwell.
    Martínez Celdrán, E. (2002): Introducción á fonética: o son na comunicación humana. Vigo: Galaxia
    Martínez Celdrán, E./Fernández Planas, A. M. (2007): Manual de fonética española : articulaciones y sonidos del español. Barcelona: Ariel.

    Competencias
    o Capacidade para asignar un problema lingüístico a un nivel concreto de análise ou, no seu caso, a diferentes niveis de análise.
    o Capacidade para distinguir entre descrición e explicación e mais entre descrición e prescrición
    o A un nivel básico, capacidade para realizar análise gramatical do galego (semántica, sintáctica, morfolóxica e fonética).
    o A un nivel básico, capacidade para formular hipóteses explicativas de determinados feitos lingüísticos galegos.
    o Capacidade para buscar e atopar solucións a distintas cuestións lingüísticas a través de diferentes recursos (dicionarios, gramáticas, bases de datos...).
    o Capacidade para comprender e extraer os obxectivos e as conclusións principais de traballos de investigación con pouco nivel de dificultade comprensiva.
    o Capacidade para elaborar pequenos traballos de análise gramatical, correctamente estruturados. Neste sentido:
    Capacidade para ordenar e plasmar adecuadamente as ideas, tanto no nivel oral como no escrito.
    Capacidade para distinguir entre obxectivos, metodoloxía, análise e conclusións.
    Capacidade para elaborar traballos adecuados desde un punto de vista formal (ortografía técnica, bibliografía...).
    o Capacidade para elaborar un discurso coherente e ben cohesionado.
    o Capacidade para elaborar un discurso que responda ás características do código normativo galego e aos trazos fónicos e prosódicos do galego.

    Metodoloxía da ensinanza
    As tarefas concretas programadas para esta materia detállanse na guía docente que se lle entregará ao alumno ao comezo de curso. Os tipos de actividades que se realizarán son os seguintes:
     Sesións expositivas, nas que se introducirán os conceptos teóricos e metodolóxicos de análise lingüística. A explicación da profesora apoiarase con frecuencia na lectura e comentario de textos e na exposición e comentario de exemplos.
     Sesións de seminario, nas que esencialmente se traballarán de forma aplicada algúns dos contidos vistos nas sesións expositivas. Faranse comentarios de lecturas, exposicións de traballos e exercicios de diverso tipo. Todas estas tarefas estarán guiadas e supervisadas pola profesora. Eventualmente, algúns dos materiais de traballo poderán dispoñibilizarse nas aulas virtuais.
     Titorías personalizadas: serán de asistencia obrigatoria. Dedicaranse a facer un seguimento do traballo do alumno e moi especialmente dos traballos de curso que estea a realizar.
     Actividades de curso: Trátase de exercicios, traballos, exposicións, comentarios... de carácter obrigatorio que serán recollidos pola profesora. Algúns deles terán carácter non presencial e deberán ser entregados nas datas que no seu momento se indiquen.
     Lecturas: Ao longo do curso a profesora encargará unha serie de lecturas obrigatorias, que se deberán preparar en horas non-presenciais. Sobre elas traballarase posteriormente nas sesións presenciais.
    Os alumnos gardarán nunha carpeta ou cartafol todos os exercicios e actividades realizadas ao longo do cuadrimestre, organizado de maneira ordenada. Non se incluirá o material teórico, apuntamentos, lecturas propostas e todo o que non consista en traballo persoal. Esta carpeta do alumno será entregada contra o final do cuadrimestre, en data que indicarán as profesoras e será tida en conta na avaliación final.


    Sistema de evaluación
    A avaliación da consecución das competencias esixidas terá en conta:
    - Asistencia e participación nas clases (20% da cualificación global): valorarase a asistencia á clases así como a participación do alumno nas mesmas a través de comentarios, exercicios, reflexións... A carpeta do alumno será tida en conta na nota final deste apartado. Cada falta de asistencia non xustificada restará 0'2 puntos.
    - Contidos da materia (50% da cualificación global): realizarase un exame oral e un exame escrito. Valorarase o dominio do código normativo, das peculiaridades fónicas do galego, da coherencia e cohesión textual e dos contidos teórico-prácticos. O exame oral supoñerá un 10% do total da materia e o escrito un 40%. É imprescindible obter en cada un deles unha cualificación igual ou superior a 5 para superar a materia.
    - Actividades do curso (30% da cualificación global): ao longo do curso, o profesor recollerá diversos traballos e exercicios, tanto de elaboración presencial como non-presencial e ben individuais, ben feitos en grupo. Así mesmo, será obrigatoria a realización de exposicións. Valorarase a calidade e, no seu caso, a orixinalidade, así como o deseño e presentación. Os alumnos que non presenten estas actividades no día ou prazo indicado serán cualificados cun 0, agás que documenten unha causa xustificada. En tal circunstancia, a profesora indicará no seu caso un novo prazo.
    Observación: Hai que ter moi en conta que para superar a materia é requisito imprescindible o dominio do galego, tanto no nivel oral como no escrito, e moi particularmente, o dominio do código normativo. En consecuencia, na cualificación tanto dos exames como dos traballos repercutirán negativamente as faltas de ortografía (-0'2 por cada falta).

    CONVOCATORIA DE XULLO:
    -Recuperación de actividades do curso: aqueles alumnos que o precisen para superar a materia ou para compensar a cualificación final deberán presentar por escrito e no prazo indicado pola profesora unha serie de actividades de carácter obrigatorio. A puntuación acadada con estes exercicios suporá un 30% da nota final.
    - Exame oral: deberán presentarse aqueles alumnos que non obtiveron un 5 na convocatoria de febreiro. Supoñerá un 10% do total da materia.
    - Exame escrito: deberán presentarse aqueles alumnos que non obtiveron un 5 na convocatoria de febreiro. Supoñerá un 40% do total da materia.
    No exame oral e no escrito os parámetros de valoración coinciden cos indicados arriba. É imprescindible obter en cada un dos exames unha cualificación igual ou superior a 5 para superar a materia.
    -A cualificación correspondente á asistencia e participación (20%) será a obtida no curso.

    Os alumnos que obteñan a dispensa de asistencia a clase por parte da xunta do centro e a acrediten debidamente (tamén os alumnos repetidores que así o desexen) rexeranse polo seguinte sistema de avaliación, tanto na convocatoria de febreiro como na de xullo:
    -Exame escrito, que supoñerá un 60% da cualificación.
    -Exame oral, que supoñerá un 10% da cualificación.
    No exame oral e no escrito os parámetros de valoración coinciden cos indicados para os alumnos que asisten ás clases. É imprescindible obter en cada un dos exames unha cualificación igual ou superior a 5 para superar a materia.
    -Actividades. A profesora determinará os traballos que o alumno deberá realizar, así como os prazos de entrega. Esta parte supoñerá un 30% da cualificación.
    Os alumnos que opten por este sistema deberán poñerse en contacto coa profesora antes do 15 de outubro.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades Horas presenciais Horas non-presenciais TOTAL
    Sesións
    Expositivas 24 48 (9 TD) 72
    Sesións de
    Seminario 24 36 (12 TD) 69
    Sesións de
    Titoría 3 3 6
    Sesións de
    Avaliación 3 9 12

    TOTAL 54 96 (21 TD 150


    Observacións
    A profesora fornecerán dúas fichas (unha para as sesións expositivas e outra para as interactivas) que deben ser debidamente cubertas e entregadas o 23 de setembro. Os traballos de alumnos que non entregaran as fichas non serán avaliados nin cualificados.