311502 - Clínica Odontológica Integrada de Pacientes Especiales (5º CURSO) - Curso 2011/2012
Información
Otros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
- Departamentos: Estomatología
- Áreas: Estomatología
- Centro: Facultad de Medicina y Odontología
- Convocatoria: Anual
- Docencia y Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para los siguientes idiomas:
CastellanoGallegoInglésObxectivos da materia- Identificar o paciente que pola súa condición de minusvalía ou pola súa patoloxía sistémica satisfaga criterios de “paciente especial” no ámbito odontolóxico
- Establecer un protocolo xeral de tratamento para estes pacientes, no que se evidencien as dificultades de acceso aos coidados odontolóxicos, se adopten as precaucións necesarias e se deseñen estratexias preventivas comunitarias.
- Coñecer os protocolos de tratamento odontolóxico específicos para cada proceso morboso, aplicando rigorosamente as pautas axeitadas de profilaxe, solicitando as probas complementarias pertinentes e determinando a importancia de complementar a información co médico responsable
- Deseñar plans de tratamento individualizados, adaptados a cada situación particular, e determinar en que casos o paciente debe derivarse ao especialista correspondente.
ContidosTeoría (impartirase durante o primeiro trimestre):
1. Pacientes especiais. Quen, onde, como e cando tratalos
2. Minusválidos psíquicos
3. Minusválidos físicos
4. Minusválidos sensoriais
5. Infección cruzada. Manexo do paciente infectocontaxioso. Medidas universais de barreira
6. Infección por VIH/SIDA
7. Infección focal. Endocardite bacteriana, infección sobre prótese articular e absceso cerebral de orixe oral
8. Diabete e alteracións da glándula tiroides
9. Alteracións da glándulas paratiroides e suprarrenales
10. Hepatites virais e outras hepatopatías
11. Insuficiencia renal
12. Alteracións cardiovasculares I
13. Alteracións cardiovasculares II
14. Patoloxía respiratoria
15. Coagulopatías conxénitas e adquiridas. Anticoagulantes e antiagregantes
16. Discrasias sanguíneas
17. O paciente con cancro de cabeza e pescozo
18. O paciente inmunodeprimido (inmunodeficiencias primarias, antineoplásicos axentes inmunosupresores e corticosteroides)
19. Síndromes neurolóxicos
20. O paciente alérxico
Práctica:
Durante o primeiro trimestre, os alumnos poderán asistir e colaborar en grupos reducidos nas actividades asistenciais que se desenvolvan na Unidade Docente.
Durante o segundo e o terceiro trimestres, os alumnos efectuarán prácticas clínicas en pacientes baixo a supervisión dos profesores responsables.
Eventualmente, poderán asistir en grupos reducidos ás sesións de tratamento baixo anestesia xeral que efectúen os profesores da Unidade Docente.
Bibliografía básica e complementaria- Scully C, Diz P, Kumart N. Special Needs in Dentistry: Handbook of Oral Healthcare. 1st edition London. Chrchill Livingstone Elsevier, 2007
- Francisco Silvestre, Andrés Plaza. Odontología en pacientes especiales. Educació Materials 101. Universitat de Valencia 2007
- Bullón P y Machuca G (eds.). La atención odontológica en pacientes médicamente comprometidos. Madrid. Normon, 2005.
- Little JW, Falace DA, Millar CS, Rhodus NL (eds). Dental management of the medically compromised patient. St. Louis. Mosby, 2002 (6ª ed)
Sistema de evaluación· Exame teórico tipo test ao finalizar o curso (25 preguntas)
· Exame práctico ao finalizar o curso (deseño de plans de tratamento en determinados supostos clínicos, mediante un exame escrito)
· Avaliación continuada das prácticas clínicas ao longo do curso
ObservaciónsOs alumnos que non superaran as prácticas das materias prelación desta materia non poderán efectuar as prácticas clínicas en pacientes correspondentes a ela.