Facultade de Óptica e Optometría
Dirección
Campus Sur
15782 Santiago de Compostela
Teléfono con extensión: 981563100-13510
Teléfono con extensión: 981563100-13516
Fax: 981590485
Web: http://www.usc.es/opto
Correo electrónico: zoptdeca@usc.es
Ir a la Web propia
Bienvenida
A Escola Universitaria de Óptica e Optometría da Universidade de Santiago de Compostela imparte o título de Diplomado en Óptica e Optometría dende o ano 1991. Sendo o único centro no noroeste de España recibíndo así alumnos de Galicia, Asturias e País Vasco.
Como calquera centro universitario que se precie, tenta mellorar cada curso, non so na calidade docente senón tamén en infraestructuras e medios que deban soportar esa calidade. Por isto nos últimos anos foron mellorándose os medios audiovisuais, a aula de informática, o Servicio de Optometría e os laboratorios, o que supón un gran beneficio para os estudantes. Dado o elevado nivel de ocupación dos nosos titulados, existe gran demanda de formación, ao que a EUOO trata de responder ofertando un ensino de calidade, non só nas materias troncais, senón tamén nas optativas.
A titulación, de 3 anos de duración, proporciona ó estudante a formación teórica e práctica precisa para a súa futura actividade profesional como óptico-optometrista, profesional sanitario de atención primaria visual. O plan de estudios iníciase cunha formación básica en óptica, fisioloxía e anatomía, para continuar con materias específicas de optometría e práctica clínica. Para a realización da práctica clínica en optometría, a EUOO conta cun Servicio de Optometría, no que os alumnos de terceiro curso realizan exames visuais a pacientes, baixo a supervisión dun profesor. Outra característica diferencial desta escola é que entre as súas materias optativas ofrece a posibilidade de adquirir coñecementos de audioloxía, actividade que actualmente se desenvolve con frecuencia nos establecementos de óptica.
Esta guía pretende ser unha ferramente de información académica, amosando os aspectos e características da titulación e do centro, que pode ser de utilidade para os alumnos da EUOO.
A equipa de dirección