Facultad de Ciencias Políticas y Sociales
Dirección
Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n. Campus sur
15782 Santiago de Compostela
Web: http://www.usc.es/politicas
Correo electrónico: zpoldeca@usc.es
Teléfono con extensión: 981563100-15125
Teléfono con extensión: 981563100-15128
Fax: 881815134
Ir a la Web propia
Bienvenida
A Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela é un dos centros máis prestixiosos do noso país dentro do amplo campo disciplinar das ciencias sociais.
Desde que en 1991 se puxo en marcha, máis de dous milleiros de alumnos/as cursaron estudos de grao e posgrao e puideron adquirir unha formación sólida nas áreas de ciencia política, xestión pública, relacións internacionais e socioloxía.
Durante o seu cuarto de século de funcionamento, a Facultade foi afortalando as súas relacións institucionais con outros importantes centros de todo o mundo a través dunha comprometida participación en programas de intercambio de alumnado e profesorado que significaron especialmente ao noso centro na contorna galega e española. Así mesmo, o noso empeño en robustecer a formación do alumnado concretouse no establecemento dun extenso e coidado programa de prácticas en institucións, empresas e organizacións do terceiro sector, sen parangón no ámbito universitario de Galicia.
O afán de perfeccionar os programas formativos que se imparten no centro e, en concreto, o Grao en Ciencia Política e da Administración, principal obxecto de atención do noso proxecto académico transdisciplinar, é unha das principais motivacións que guían o traballo do equipo decanal que actualmente dirixo. Iso materialízase nunha supervisión estreita da súa posta en práctica e na procura continua de elementos que merecen ser mellorados.
Os nosos obxectivos comprenden, igualmente, o estímulo da vida social e cultural da nosa comunidade académica e o incremento da participación de todos os actores implicados, fomentando, en definitiva, como proxecto común, a oferta dun servizo público renovador, aberto e responsable.
En nome do alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, doulles a bienvenida ao noso centro.
María Antonia Arias Fernández