Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultad de Geografía e Historia
Facultade de Xeografía e Historia

Facultade de Xeografía e Historia

Benvida da Facultade

A Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago nace no ano 1974, a partir dunha antiga Facultade de Filosofía e Letras, na que non obstante, o peso da licenciatura de Xeografía e Historia viña sendo fundamental, por ser a  única subtitulación da licenciatura en Filosofía e Letras que se impartía nela dende a súa fundación en 1922 ata ben entrados os anos sesenta.
Acolle actualmente as licenciaturas en Historia, Xeografía e Historia da Arte, así como os graos en Historia, Historia da Arte e Xeografía e Ordenacion do Territorio. A esta oferta débense engadir os másters oficiais en Historia Contemporánea, Planificación e Desenvolvemento Territorial, Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade e Lecturas sobre a cidade histórica: arte, patrimonio cultural e a súa xestión.
Nos Departamentos que dan soporte a estas titulacións desenvolven a súa actividade un total de vintedous grupos de referencia, recoñecidos internacionalmente a través das súas achegas científicas e diversos proxectos de investigación. A súa contribución é fundamental para que a Universidade de Santiago de Compostela se sitúe na 15ª posición investigadora nos ámbitos das Humanidades e Ciencias Sociais, segundo o Ranking Iberoamericano SIR 2010.
A Facultade quere presentarse como un espazo de formación e traballo adaptado ás necesidades da sociedade do século XXI, con unha preocupación crecente por mellorar a capacidade, espírito crítico e a competitividade do seu alumnado. Para iso fai unha aposta constate por modernizar e innovar nos ámbitos da Docencia e Investigación, por manter unha oferta docente  coherente e de calidade.
 Somos un centro orgulloso do noso traballo e dos nosos estudantes.
 Esta páxina web quere ser un elemento básico de información académica ao alumnado da Facultade de Xeografía e Historia. Nela atópase unha síntese da estrutura organizativa do centro. Contén tamén os aspectos máis relevantes sobre a organización da docencia: programa de estudos, profesorado, horarios e datas de exames.
Confiamos en  que esta páxina web sirva para facerse unha idea do funcionamento do centro.

 

Equipo decanal