Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultad de Geografía e Historia  »  Información de la Materia

101322 - Tecnoloxías Prehistóricas (ORIENTACIÓN PREHISTORIA) - Curso 2012/2013

Información

    Otros Datos

    • Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
    • Departamentos: Historia I
    • Áreas: Prehistoria
    • Centro: Facultad de Geografía e Historia
    • Convocatoria: Segundo Cuatrimestre
    • Docencia y Matrícula: null

    Profesores

    NombreCoordinador
    REY CASTIÑEIRA, JOSEFA.SI

    Horarios

    NombreTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exámenes
    Grupo L01OrdinarioLaboratorioNONO
    Grupo L02OrdinarioLaboratorioNONO
    Grupo P01OrdinarioPrácticosNONO
    Grupo T01OrdinarioTeóricosSISI

    Programa

    Existen programas da materia para los siguientes idiomas:

  • Castellano
  • Gallego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    É a primeira aproximación dos alumnos aos métodos interpretativos aplicados aos restos materiais procedentes da escavación arqueolóxica.
    Mediante unha introdución aos conceptos relacionados coa tecnoloxía e a tipoloxía, aos seus métodos, aos léxicos e a outros códigos de expresión que manexan, e aos resultados que se alcanzan, búscase situalos nos seus sistemas xerais de raciocinio.
    Mediante a combinación das clases teóricas e prácticas, preténdese familiarizar o alumno coas problemáticas específicas dos restos materiais máis representativos da Prehistoria. Tratase de introducilos nos métodos alternativos de rexistro, análise e interpretación destes materiais: tipoloxías, simulacións experimentais e métodos arqueométricos. A través deles, comprender as opcións e os límites da reconstrución arqueolóxica.

    Contidos
    1. A análise tecnolóxica e a reconstrución da Prehistoria. O método tipolóxico. O valor documental dos materiais. As alternativas de interpretación
    2. A industria lítica tallada. O seu papel no estudo do Paleolítico. Fontes e estratexias de abastecemento. Características da materia prima. Caracterización e denominación dos materiais. Os xestos encadeados na talla. Os restos e os produtos derivados. As tipoloxías representativas do Paleolítico inferior, medio e superior. As cadeas técnicas máis representativas. Os problemas de interpretación. As aplicacións na caza, no tratamento de peles e outras actividades de subsistencia. A interpretación da función. As trazas de uso e os métodos de análise.
    3. A industria ósea. Tafonomía e representatividade das súas industrias na recuperación do Paleolítico. As fontes de abastecemento de materia prima. O aproveitamento da caza e a recolección de hastas de desmogue. Os préstamos tecnolóxicos da industria lítica e as técnicas óseas de rañurado, raspado ou pulido. Os produtos elaborados. A tipoloxía ósea e os períodos paleolíticos
    4. O lume. A transcendencia do seu descubrimento. A captura e a domesticación. Sistemas de acendido. A isca, o arco, as pedras e as madeiras para o prendido. As evidencias arqueolóxicas. As estruturas de combustión, os combustibles. As súas aplicacións. Iluminación, quentamento, conservación e cociñado de alimentos, desinfección, etc. Industrias e aplicacións
    5. A vivenda
    6. A caza, pesca e recolección. Aproveitamento e conservación dos alimentos
    7. Técnicas artísticas

    Bibliografía básica e complementaria
    ACTES DU COLLOQUE INTERNATIONAL DE NEMOURS
    1989 Nature et fonction des foyers préhistoriques. (Nemours 1987), Memoires du Musée de Prehistoire d’Ile de France, 2, Nemours.
    CARANDINI, A
    1984 Arqueología y cultura material. Barcelona.
    CLARKE, D
    1984 Arqueología analítica. Barcelona
    DELPORTE, H. et alii
    1988 Fiches typologiques de l’industrie ossense préhistorique. Cahier 1: sagaies. Cahier 2: propulseurs. Aix-en-Provence.
    EIROA, J.J., et alii
    1999 Nociones de tecnología y tipología en Prehistoria. Barcelona (Ed. Ariel Historia).
    GONZALES URQUIJO, J.E., IBAÑEZ ESTÉVEZ, J.J.
    1994 Metodología de análisis funcional de instrumentos tallados en silex. Cuadernos de Arqueología, 14. Universidad de Deusto, Bilbao.
    LAPLACE, G.
    1974 La typologie analytique et structurale: base rationelle d’etude des industries lithiques et osseuses. Colloque National du CNRS sur les Banques de Données Archéologiques, 932, Paris: 91-143.
    LEROI-GOURHAN, A
    1988 El hombre y la materia (Evolución y técnica I y II), Taurus Comunicación, Madrid.
    MERINO, J.M.
    1994 Tipología lítica (3º edición). Munibe suplemento, 9. San Sebastián.
    MORA et. all
    1992 Tecnología y cadenas operativas líticas, Reunión Internacional, 15-18 enero de 1991, Treballs d’ Arqueologia, 1.
    PIEL DESRUISSEAUX, J. L.
    1989 Instrumental prehistórico. Forma, fabricación, utilización. Barcelona.
    SEMENOV, S. A.
    1981 Tecnología lítica. Estudio de las herramientas y objetos antiguos a través de las huellas de uso. Akal/Universidad, Madrid. (903-5) (Fp-142)
    TIXIER Y ET ALLER
    1988 Tecnologie préhistorique. Notes et monographies tecniques, 25. CNRS, Paris.

    Competencias
    - Competencia e destreza para distinguir e racionalizar as imaxes derivadas dunha perspectiva tecnolóxica, para a reconstrución das etapas prehistóricas a través dos materiais arqueolóxicos.
    - Habilidades nos procesos experimentais, nos métodos de análise arqueolóxicos e arqueométricos.

    Metodoloxía da ensinanza
    - Docencia teórica presencial obrigatoria en grupo completo
    - Docencia práctica presencial obrigatoria en grupo completo: no laboratorio de Arqueoloxía.
    - Actividade académica dirixida: non presencial. Realización dunha memoria final do curso a partir das clases teóricas e prácticas.

    Sistema de evaluación
    - Asistencia á clase, entrega de esquemas previos a cada clase teórica referentes ao seu contido e intervencións na clase (2 puntos).
    - Asistencia ás clases prácticas, realización das simulacións experimentais dos procesos técnicos (2 puntos).
    - Memoria final das clases teóricas e prácticas impartidas. Feita con tratamento de texto dixital (Word). Texto estruturado en apartados e subapartados. Índice. Vocabulario. Bibliografía correctamente citada (6 puntos).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    . Horas presenciais: 40
    . Horas non presenciais: 10
    . Tempo de estudo: 50
    . Tempo total: 100