561204 - Prácticas Escolares I (2º CURSO) - Curso 2011/2012
Información
Otros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
- Departamentos: Psicología Evolutiva y de la Educación, Didáctica y Organización Escolar, Didáctica Lengua y Literatura y de las Ciencias Sociales, Didáctica Lengua y Literatura y de las Ciencias Sociales, Didáctica de la Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica de la Expresión Musical, Plástica e Corporal
- Áreas: Psicología Evolutiva e de la Educación, Didáctica y Organización Escolar, Didáctica de la Lengua y la Literatura, Didáctica de las Ciencias Sociales, Didáctica de la Expresión Corporal, Didáctica de la Expresión Plástica
- Centro: Facultad de Ciencias de la Educación
- Convocatoria: Primer Cuatrimestre
- Docencia y Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nombre | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exámenes |
|---|
| Grupo P01 | Ordinario | Prácticos | NO | NO |
Programa
Existen programas da materia para los siguientes idiomas:
CastellanoGallegoInglésObxectivos da materia- Entrar en contacto coa escola real, dunha maneira sistemática e guiada.
- Integrar a teoría coa práctica.
- Coñecer e analizar criticamente a natureza, características e diferentes dimensións da escola como organización a través do centro concreto de prácticas.
- Coñecer e analizar criticamente a vida nas aulas nas súas dimensións académica e social.
- Coñecer e analizar o modelo didáctico posto en práctica polos profesionais da docencia observados.
- Iniciarse na realización das tarefas propias do profesorado, colaborando co profesor/titor e coa dirección do centro.
- Valorar con sentido crítico o proceso de “aprender a ensinar” a partir da experiencia vivida no centro de prácticas.
ContidosRelativos ao centro:
a)
- As exposicións (documentos) institucionais
- A estrutura organizativa
b)
- As relacións formais e informais e a súa relación co clima e culturas do centro
Relativos á aula e ao grupo-clase:
a)
- As tarefas do profesorado e os documentos de planificación curricular
- As secuencias de actividade, interaccións, recursos, procesos cognitivos e tarefas do alumnado na aula
- Os modelos didácticos e estilos docentes do profesorado
b)
- A organización da xornada escolar
- Historia, estrutura e funcionamento do grupo clase
- Os tempos non académicos
Relativos ao proceso de “aprender a ensinar” (iniciación á profesión docente):
- As tarefas dos aprendices de profesor e o proceso de socialización profesional
- A relación aprendiz-titor
- A influencia da biografía e do coñecemento académico das teorías persoais, na interpretación da realidade observada e nas accións
- Condicionantes, evolución e valoración crítica das experiencias vividas nas prácticas
Bibliografía básica e complementaria-FERNÁNDEZ TILVE, M.D., Las modalidades de formación del profesorado en ejercicio: Análisis de la realidad gallega, Grupo Editorial Universitario, Granada, 2000.
-FERNÁNDEZ TILVE, M.D. e MALVAR MÉNDEZ, M.L., Proyecto educativo de centro, programación de aula, unidad didáctica, adaptación curricular individualizada. Tareas indispensables en la labor docente. Ejemplificaciones, Tórculo, Santiago de Compostela, 2006.
-FERNÁNDEZ TILVE, M.D. y MALVAR MÉNDEZ, M.L., "A programación de aula no marco da LOE: unha ferramenta ao servizo das tarefas docentes" en Innovación educativa, 19, pp. 171-184, 2009.
- FUENTES ABELEDO, E., Aprendiendo a enseñar Historia, Servicio de Publicacións da Deputacións Provincial, Lugo, 1998.
- FUENTES ABELEDO, E., "El diario escolar: un recurso para la investigación del profesorado" en Padres y Maestros, 275, pp. 33-40, 2003b.
- FUENTES ABELEDO, E., "Recogida e información en el aula e investigación del profesorado" en Padres y Maestros, 276, pp. 34-39, 2003b.
- FUENTES ABELEDO, E., "Culturas profesionales en la enseñanza y desarrollo profesional de los docentes" en Padres y Maestros, 279, pp. 34-39, 2003c.
- FUENTES ABELEDO, E., "El análisis del curriculum en el aula" en Padres y Maestros, 283, pp. 35-39, 2004.
- FUENTES, E. e GONZÁLEZ SANMAMED, M., "Interacción y aprendizaje con profesores tutores: la visión de los alumnos de Magisterio" en ZABALZA, M. A. (ed.), Actas del IV Symposium Internacional sobre el Practicum, pp. 261-274, 1998.
- GIMENO SACRISTÁN, J., "Las tareas escolares. La arquitectura de la práctica" en El curriculum. Una reflexión sobre la práctica. Morata, Madrid, 1988.
- GONZÁLEZ SANMAMED, M., "¿Cómo enseñan y aprenden a enseñar los futuros profesores? Análisis de los procesos del aula", Investigación en la Escuela, 25, pp. 27-42, 1995.
- GONZÁLEZ, M. T., "La micropolítica de las organizaciones escolares", Revista de Educación, 316, pp. 215-239, 1998.
- GONZÁLEZ SANMAMED, M. e FUENTES, E., Las Prácticas Escolares en la formación del profesorado: análisis y propuestas, Servivio de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo, Lugo, 1994.
- HARGREAVES, A., Profesorado, cultura y postmodernidad, Morata, Madrid, 1996.
- JACKSON, Ph., La vida en las aulas, Morata, Madrid, 1991.
- MARTÍNEZ BONAFÉ, J., Proyectos curriculares y práctica docente, Díada Editoras, Sevilla, 1991.
- MONTERO, L. (dir.), La realidad del aula vista por los futuros profesores. Un estudio comprensivo en un paradigma de investigación cualitativa, Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 1985.
- SANJURJO, L. e RODRÍGUEZ LÓPEZ, X., Volver a pensar la clase, Homo Spaiens, Santa Fe (Arxentina), 2003.
- SANTOS GUERRA, M. A., Hacer visible lo invisible, Akal, Madrid, 1990.
- ZABALZA, M. A. (ed.), Actas dos Simposios sobre Prácticas Escolares, Tórculo e Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra, 1988-2001.
- Indicarase bibliografía de acordo coa especialidade de mestre da que se trate.
- Documentos normativos básicos que se refiren a aspectos curriculares e organizativos da escola.
Competencias- Analizar, na práctica, a cultura organizativa dunha institución escolar.
- Saber describir de forma clara a organización e funcionamento dun centro escolar.
- Distinguir e valorar os distintos documentos institucionais.
- Analizar a práctica dende a teoría e revisar a teoría dende a práctica.
- Coñecer distintos estilos docentes.
- Diferenciar os distintos tipos de actividade/tarefa instrucional.
- Distinguir diferentes modelos didácticos.
- Coñecer os recursos que se utilizan na realización das tarefas dunha clase.
- Saber observar sistematicamente o desenvolvemento dunha clase.
- Analizar os procesos cognitivos/metas de aprendizaxes do alumnado.
- Ser capaz de analizar criticamente os tempos non académicos no alumnado e profesorado.
- Coñecer en profundidade e iniciarse en tarefas de programación.
- Analizar criticamente as destrezas e habilidades necesarias para levar unha clase.
- Acostumarse a participar nas actividades en equipo.
- Adquirir unha actitude de colaboración.
- Coñecer e analizar as distintas actividades na xornada dun profesor.
- Iniciarse no traballo e nas destrezas profesionais dos mestres e mestras: diagnose, planificación, desenvolvemento, avaliación, etc.
- Habituarse a desenvolver a “reflexión sobre o observado”.
- Analizar, valorar e interpretar as propias experiencias profesionais.
Metodoloxía da ensinanza a) Fase de preparación. Haberá unha ou varias sesións de preparación nas que se abordará a presentación dos contidos, en relación co itinerario xeral formativo dos futuros mestres e mestras. Comentarase a estrutura organizativa que sustenta o programa de prácticas e ofreceranse pautas e exemplos concretos para o desenvolvemento das actividades, seguindo o documento-guía que se lles entregará. Proporcionaranse instrumentos, orientacións e información detallada para realizar as observacións, así como os aspectos máis salientables que hai que ter en conta sobre a organización dos centros escolares e o seu funcionamento. Nesta fase utilizarase unha metodoloxía expositiva acompañada de actividades e usaranse métodos como o estudo de casos e o debate.
b) Fase de experiencia ou realización. Estancia do alumnado nos centros escolares de educación infantil e primaria. Supón a presenza do alumnado nos centros, nos que permanecerá o tempo establecido e seguirá a xornada habitual do profesorado. Durante este tempo, realizarase unha parte fundamental das actividades. O alumnado deberá coñecer os documentos nos que se contempla o funcionamento do centro nos aspectos organizativos e docentes. Analizará estes documentos e fará un estudo do contexto institucional. Realizará unha observación sistemática sobre as tarefas docentes-discentes que se levan a cabo na aula. Participará e colaborará noutras actividades e tarefas que se sinalen por parte do centro ou do profesor-titor. Procederá á recollida de datos da realidade educativa e do seu contexto, a través de diferentes técnicas. Fará unha análise e interpretación e unha reflexión-valoración sobre a experiencia vivida. O titor do centro escolar realiza unha función fundamental, pois axuda o alumnado nas actividades citadas, sobre todo naquelas que teñen que ver coa participación no centro e iniciación nas destrezas profesionais. Ademais, o supervisor universitario organizará o seguimento do alumnado sobre cuestións relacionadas co proceso de realización das prácticas escolares.
c) Fase final e de reflexión. Supón a entrega e a discusión do informe (memoria) e a reflexión ao redor do proceso de aprender a ensinar e do traballo nas escolas. O supervisor universitario terá unha función fundamental, pois axudará no proceso de reflexión, en relación con outros coñecementos académicos. Poderán realizarse algunhas sesións de reflexión colectiva sobre a organización e as aprendizaxes realizadas nas prácticas escolares.
Sistema de evaluaciónA responsabilidade última da avaliación do alumnado corresponde ao profesor supervisor universitario. Este, para emitir un xuízo, analizará a calidade dos diferentes apartados do Informe (Memoria) e terá en conta a avaliación feita polo titor do centro, así como a participación activa nas sesións de preparación, seguimento e avaliación.
O alumnado, nos quince días seguintes á finalización das Prácticas Escolares, deberá presentar un Informe-Memoria no que se deberá incluír obrigatoriamente unha descrición e valoración dos distintos apartados relativos ao centro, dúas descricións narrativas das tarefas docentes-discentes, así como a súa análise e interpretación, relativas ao apartado a) da aula e o grupo-clase, e unha descrición e valoración do apartado referido ao proceso de “aprender a ensinar”, que figuran nos contidos. Con carácter optativo, elixirá igualmente un dos aspectos sinalados no apartado b) relativo á aula e ao grupo-clase.
Como criterio de avaliación, valoraranse non tanto as simples descricións do observado, como os comentarios e reflexións críticas que se fagan, os comentarios e valoracións sobre as relacións teoría-práctica e práctica-teoría, así como as aprendizaxes no inicio da profesión docente.
O informe enviado polo centro de prácticas (valoración do titor) terá un peso dun 10% da cualificación.
O ámbito dos apartados relativos ao centro contarán ata un 20% da cualificación.
A descrición, análise e comentario reflexivo sobre as tarefas docentes-discentes terá unha valoración do 45%.
O estudo dun dos aspectos sinalados no apartado b) relativo á aula e ao grupo-clase terá una valoración do 10%.
A descrición e valoración do apartado referido ao proceso de “aprender ensinar” contará ata o 15%.
Tempo de estudo e traballo persoalTotal de créditos da materia: 16 créditos
- Docencia presencial: 150 horas
- Fase de preparación: 10 horas
- Fase de experiencia nos centros: 200 horas
- Fase de reflexión: 5 horas
- Titorías: 5 horas
- Realización do informe-memoria: 30 horas
Total volume do traballo: 400 horas (ECTS)
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndaselles aos estudantes programar o proceso de observación e recollida de datos referidos aos tres apartados: centro, aula e grupo-clase e “aprender a ensinar”, para proceder máis tarde á elaboración final do Informe-Memoria.
Ademais da bibliografía que se ofrece, o alumnado deberá facer uso de moitas das referencias bibliográficas das diferentes materias teórico-prácticas, segundo a especificidade de cada titulación.
O Informe-Memoria deberá entregarse nos 15 días seguintes ao remate do proceso. A presentación dese Informe deberá seguir as recomendacións formais que estableza o supervisor universitario.