Saltar ao contido principal
Inicio  »  Departamentos  »  Departamento de Economía Financera y Contabilidade  »  Información de la materia

P1051106 - Gestión de Proyectos de Energías Renovables (Obligatorias) - Curso 2012/2013

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 2.00
  • Total: 2.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 8.00
  • Horas de Tutorías: 2.00
  • Total: 16.0

Otros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Financiera y Contabilidad
  • Áreas: Economía Financiera y Contabilidad
  • Centro: Facultad de Física
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulaciones de Grado/Máster
  • Docencia y Matrícula: null

Profesores

NombreCoordinador
PIÑEIRO CHOUSA, JUAN RAMON.SI
ROMERO CASTRO, NOELIA MARIA.NO

Horarios

NombreTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exámenes
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONO
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TutoríasNONO
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TutoríasNONO

Programa

Existen programas da materia para los siguientes idiomas:

  • Castellano
  • Gallego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo principal da materia é familiarizar ao alumno con algúns conceptos fundamentais relacionados coa avaliación técnica, comercial e, sobre todo, económico-financeira dos proxectos de inversión en enerxías limpas. En particular, preténdese que o alumno sexa capaz ao finalizar a materia de levar a cabo o análise e a valoración de calquera proxecto de inversión medioambiental, con un especial fincapé na determinación da rentabilidade do proxecto e o análise do risco financeiro que conleva. Á revisión dos métodos tradicionais de análise selección de proxectos de inversión sumarase o estudio da valoración financeira de opcións reais, xa que os métodos clásicos de valoración de proxectos, que son idóneos cando se trata de avaliar decisións de inversión que non admiten demora (agora ou nunca), infravaloran o proxecto se éste posúe unha flexibilidade operativa (pódese facer agora, o máis adiante, ou non facerse) ou oportunidades de crecimiento continxentes.
    Contidos
    PARTE I: CONCEPTOS XENERAIS SOBRE PROXECTOS DE INVERSIÓN E O SEU ANÁLISE DE VIABILIDADE

    TEMA 1. ESTRUCTURA E DESEÑO DUN PROXECTO
    1. ¿Qué é un proxecto? Fases e ciclo de vida do proxecto.
    2. Desenvolvemento e execución do Plan do proxecto.
    3. Xestión do alcance do proxecto.
    4. Xestión de tempos do proxecto.
    5. Xestión da calidade, os recursos humáns e as comunicacións.
    6. Xestión financeira e do risco.
    7. Xestión de proxectos de enerxías limpas.
    8. Financiación de proxectos de enerxías limpas.

    TEMA 2. ANÁLISE DE VIABILIDADE DUN PROXECTO DE INVERSIÓN
    1. Viabilidade legal. Viabilidade medioambiental.
    2. Viabilidade comercial.
    3. Viabilidade técnica.
    4. Viabilidade organizativa.
    5. Viabilidade económico-financeira.

    PARTE II: CONCEPTOS FINANCEIROS BÁSICOS

    TEMA 3. O VALOR DO DIÑEIRO NO TEMPO
    1. Actualización e desconto.
    2. Leis financeiras.
    3. Valoración de rentas financeiras.

    TEMA 4. ESTRUCTURA ECONÓMICO-FINANCEIRA E BENEFICIO EMPRESARIAL.
    1. Estructura económica e estructura financeira. O fondo de maniobra.
    2. Ingresos e gastos. A amortización.
    3. Balance e conta de resultados.

    PARTE III: ANALISE DA VIABILIDADE ECONÓMICA E FINANCEIRA

    TEMA 5. MÉTODOS CLÁSICOS DE SELECCIÓN DE INVERSIÓNS
    1. Variables que interveñen na valoración.
    2. Fluxos netos de caixa.
    3. Criterios de selección de inversións.
    4. Análise do risco.

    TEMA 6. VALORACIÓN A TRAVÉS DE OPCIÓNS REAIS.
    1. Opcións financeiras e opcións reais.
    2. Tipos de opcións financeiras.
    3. Tipos de opcións reais.
    4. Modelos metodoloxías para a valoración de opcións reais.
    5. Aplicacións informáticas.

    PARTE IV: ANALISE DE CASOS PRÁCTICOS

    Bibliografía básica e complementaria
    Abadie, L.M.; Chamorro, J.M.(2005): Valuation of Energy Investments as Real Options: The case of an Integrated Gasification Combined Cycle Power Plant, Working Paper, Universidad del País Vasco.
    Amram, M.; Kulatilaka, N. (2000): Strategy and Shareholder Value Creation: The Real Options
    Amram, M.; Kulatilaka, N. (1999): Real Options: Managing Strategic Investment in an Uncertain World, Harvard Business School Press, Boston, MA.
    Benninga, S. (1999): Financial Modeling, The MIT Press, Cambridge,.
    Brealey, R.; Myers, S. (2000): “Principles of Corporate Finance”, 6th Edition, Irwin McGraw-Hill, Boston.
    Copeland-Antikarov (2001): Real Options: A Practitioner’s Guide, TEXERE, New York, NY, 2001.
    Damodaran, A. (2001): Corporate Finance. Theory and Practice, 2ª ed., John Wiley & Sons, Nueva York.
    Fleten, S.E.;Näsäkkälä, E. (2004): Gas Fired Power Plants: Investment Timing, Operating Flexibility and Abandonment, Working Paper 04-03 Department of Industrial Economics and Technology Management Norwegian University of Science and Technology.
    Frontier, Journal of Applied Corporate Finance, Summer 2000, Volume 15, Number 2, pp. 15-28.
    Hernández Hernández, A.; Hernández Villalobos, A. (2001): Formulación y Evaluación de Proyectos de Inversión, Thomson Learning, 2001.
    Hunter, G.W.; Mitchell, G.T. (1999): Options for Polluting Firms: Bankable Permits or Abatement, Working Paper, University of California.
    Hunter, G.W.; Mitchell, G.T. (1999): OPTIONS FOR POLLUTING FIRMS: BANKABLE PERMITS OR ABATEMENT, Working Paper, September, Department of Economics, University of California, Santa Barbara.
    Insley, M.C. (2002): On the option to invest in pollution control under a regime of tradable emissions allowances Working Paper, March, Department of Economics, University of Waterloo, Waterloo.
    Insley, M.C. (2002): On the option to invest in pollution control under a regime of tradable emissions allowances, Working Paper, University of Waterloo.
    Kumbaroglu, G.; Madlener, R.; Demirel, M. (2004): A Real Options Evaluation Model for the Diffusion Prospects of New Renewable Power Generation Technologies, Working Paper, Centre for Energy Policy and Economics (CEPE), Switzerland.
    Laughton, D.G.; Sagi, J.S.; Samis, M.R. (2000): “Modern Asset Pricing and Project Evaluation In the Energy Industry”, Western Centre for Economic Research, Bulletin 56, September.
    Mun, Johnathan (2002): “Real Options, Tools and Techniques”, Wiley, New jersey.
    Sapag Chain, N. (1993): Criterios de Evaluación de Proyectos, McGraw-Hill.
    Sapag Chain, N.; Sapag Chain, R. (1995): Preparación y Evaluación de Proyectos, McGraw-Hill.
    Trigeorgis, L. (1998): Real Options: Managerial Flexibility and Strategy in Resource Allocation, The MIT Press, Cambridge, MA.

    Competencias
    - Asimilar conceptos e procedementos propios da xestión, análise e valoración de proxectos de inversión en enerxías renovables.
    - Coñecer e comprender as fases do desenvolvemento e execución dun proxecto de inversión en enerxías renovables.
    - Aplicar os coñecementos financeiros adquiridos ao análise de proxectos de inversión en enerxías limpas.
    - Utilizar os coñecementos adquiridos para manter unha actitude crítica e activa na xestión de proxectos de inversión en enerxías limpas.
    Metodoloxía da ensinanza
    O programa ten sido deseñado cubrindo un amplio abanico de temas que se consideran fundamentais no ámbito da materia. Nas horas presenciais de docencia tratarase de profundizar nos aspectos máis relevantes e novedosos para o alumno, e farase unha revisión máis superficial de aqueles xa tratados noutras materias pero considerados importantes para comprender o Análise e a Valoración de Proxectos de Inversión en enerxías renovables. No transcurso do curso farase referencia á bibliografía específica a utilizar para ampliar os coñecementos adquiridos en cada tema.

    Nas horas de docencia semanal intentaranse seguir as directrices metodolóxicas mencionadas a continuación:

    - Compatibilizar o rigor lóxico da Teoría Financeira coa necesaria claridade expositiva que permita unha mellor comprensión dos conceptos tratados, mediante a utilización de exemplos que precisen os conceptos introducidos e os resultados obtidos.
    - As demostracións teóricas e a formación matemática dos modelos analizados serán obxecto de atención en numerosas ocasións co fin de introducir aos estudiantes no uso dos mesmos antes de utilizar as ferramentas informáticas.
    - Contarase co apoio das ferramentas informáticas oportunas en cada momento.
    - Resolver exercicios que permitan ao alumno practicar e comprobar a asimilación dos contidos expostos, xa sea no aula xa no aula de informática.
    - Fomentar o traballo en equipo tanto dentro do centro docente como fora de él.
    - Fomentar o diálogo no aula e a participación activa en clase.

    Sistema de evaluación
    Os criterios seguidos para a avaliación dos estudiantes consisten básicamente nos seguintes:
    - Observación directa e sistemática do traballo desenvolvido no aula polo alumno.
    - Valoración da asistencia a clase.
    - Valoración da capacidade de participación en clase do alumno tanto á hora de formular ou responder preguntas como á de plantexar e desenvolver algún tipo de debate relacionado coa materia.
    - Realización dunha proba escrita, a realizar nas datas fixadas no calendario oficial do centro, constando esta dunha parte tipo test de arredor de 20-25 preguntas con resposta única.
    - Por outra parte, ao final de cada tema serán plantexados unha serie de exercicios e casos prácticos, coa finalidade de fomentar a participación dos alumnos en clase e de acercar os coñecementos adquiridos á realidade, os cales serán considerados na calificación final do alumno con unha participación máxima do 30% na mesma.
    - Desenvolvemento do análise e a valoración dun proxecto de inversión en enerxías renovables, nun grupo dun máximo de 4 persoas.
    Os alumnos terán dereito a unha revisión da súa calificación nos termos previstos na normativa.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    12 horas de clases teóricas
    8 horas de clases prácticas
    35 horas de traballo persoal do alumno
    Recomendacións para o estudo da materia
    Considérase fundamental a asistencia a clase como forma de comprender e asimilar o contido da materia. Con respecto ás horas de adicación non presencial, estímase que o alumno que asistiu a clase deberá invertir ao menos tres horas semanais (unha hora para o repaso do visto en clase e dúas para ampliar e afianzar os coñecementos profundizando na materia mediante a resolución de problemas e a revisión bibliográfica). Con un traballo constante ao longo do curso a preparación do exame final non debería implicar un número excesivo de horas de estudio.
    Ademáis, recoméndase aos alumnos que fagan uso das horas de titorías para a resolución de dudas ou aclaración de conceptos. Por outro lado, tendo en conta o papel fundamental que o traballo sobre a folla de cálculo xoga nesta materia, aconséllase que o alumno que non se move con soltura neste terreo procure mellorar o seu manexo tanto co seu esforzo persoal como facendo uso das horas de titorías. Recoméndase que o alumno consulte a amplia bibliografía ofrecida para consolidar e ampliar os coñecementos adquiridos, especialmente naqueles puntos do temario nos que, por razóns de temporalización, non é posible entrar en profundidad no desenvolvemento das clases presenciais.