Saltar ao contido principal
Inicio  »  Gobierno  »  Consejo Social  »  Europracticum  »  Europracticum para titulados

Programa Leonardo da Vinci para titulados/as da USC: Europracticum VII

logo_europract

 
A Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo (dende a Área de Orientación e Inserción Laboral no Campus de Lugo) promove en colaboración coa Asociación de Antiguos Alumnos e Amigos da USC e o Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, a séptima edición do Programa Leonardo da Vinci da USC: Europracticum VII.
 
Europracticum VII é un programa de prácticas profesionais remuneradas para titulados da USC, en empresas e entidades europeas. Os egresados da USC que o desexen poderán completar a súa formación con prácticas en empresas e entidades europeas, coñecendo novas formas de traballo, nun ambiente multicultural, á vez que, mellorar as súas competencias profesionais, persoais e lingüísticas.
 
Esta nova edición do Programa Leonardo da Vinci da Universidade de Santiago está aberta á participación de titulados (en titulacións oficiais) na institución académica compostelá entre os anos 2007 e 2013, ambos inclusive, e como novidade, nesta nova convocatoria, tamén se admitirán solicitudes daquelas persoas tituladas noutras universidades que durante este periodo de referencia (entre os anos 2007 e 2013) completaran un máster oficial na institución académica compostelá.
Esta edición do Programa Leonardo da USC estará vixente durante o bienio 2013 -2015, no que se desenvolverán 78 bolsas de prácticas.

 

Europracticum VII pretende:

1. Reforzar as aptitudes e as competencias dos universitarios que seguen unha primeira formación profesional.
2. Mellorar a calidade da formación profesional continua e da adquisición de aptitudes e competencias ao longo da vida.
3. Promover e reforzar a contribución da formación profesional ao proceso de innovación, para mellorar a competitividade e o espírito de empresa co fin de crear novas posibilidades de emprego.