Saltar ao contido principal
Inicio  »  Información general  »  USC Responsable  »  Xestión do capital humano

Xestión do capital humano

 

As persoas son o centro das organizacións, e constitúen o seu activo máis valioso. Cada persoa é importante e o todo non pode funcionar se as partes non se encontran en perfectas condicións. Para elo é necesario tanto respectar os seus dereitos coma promover ou facilitar o cumprimento dos seus deberes. A USC ten adquirido un compromiso de responsabilidade social co seu persoal, que se materializa na asunción de diversos principios e políticas reflectidas de xeito explícito no seu Código Ético, como poden ser a igualdade de oportunidades, a seguridade e saúde no traballo, a dispoñibilidade de medios e recursos para o axeitado desenvolvemento das tarefas ou o logro da satisfacción e realización persoal.

Sendo consciente de que do seu capital humano depende en gran medida a calidade da docencia, da investigación, dos servizos de apoio e xestión e, en definitiva, o logro da súa misión de servizo á sociedade, a USC desenvolve diversas actuacións coas que acadar un persoal motivado, cualificado, con iniciativa e responsable, e coas que canalizar a súa participación na toma de decisións.

Estas actuacións céntranse, en primeiro lugar, en garantir a igualdade de oportunidades e favorecer, na medida do posible, a conciliación da vida laboral coa persoal e familiar. Por outra banda, a USC trata de ofrecer ao seu persoal un axeitado entorno de traballo no que atopen a súa disposición todos os medios e recursos necesarios para desenvolver as súas tarefas baixo criterios de calidade, eficiencia e eficacia e con garantías de seguridade e saúde. Ademais, a USC mantén un claro compromiso coa formación e capacitación do seu persoal que non só persegue a mellora das competencias e aptitudes para o desempeño do seu traballo senón tamén o seu propio enriquecemento e desenvolvemento persoal.

A USC preocúpase do mesmo xeito en ofrecer diversos beneficios sociais aos seus traballadores e traballadoras, garantir a xustiza e equidade nos procesos de selección e promoción do persoal e facer efectivo o seu dereito á información e á participación nas decisións de goberno, mantendo un diálogo permanente cos seus representantes sindicais.