Saltar ao contido principal
Inicio  »  Información general  »  USC Responsable  »  Ecoloxía Interna

Ecoloxía interna

 

Tal e como recolle o seu Plan de Desenvolvemento Sostible (PDS), a USC ten adquirido o compromiso de promover comportamentos de protección e conservación do medio natural e de contribuír á creación dunha conciencia ecolóxica colectiva, tanto mediante a xestión dos impactos medioambientais que se xeran nas actividades universitarias (consumo de recursos e xeración de residuos) coma a través da ambientalización curricular (inclusión nos plans de estudos dos graos de materias transversais relacionadas co medio ambiente e potenciación dos programas de doutoramento e posgrao nesta temática) e o fomento da investigación nas áreas medioambientais.

Respondendo a este compromiso, a USC aprobou en novembro de 2003 o seu Plan de Desenvolvemento Sostible (PDS). Trátase dun documento estratéxico no que se especifican obxectivos, accións para acadalos, persoas responsables das mesmas e indicadores para avalialas. Para poder desenvolver os contidos abarcados no Plan, creouse en febreiro de 2004 a Coordinación do PDS, coa misión de deseñar, planificar, por en práctica e avaliar os diferentes programas que son necesarios para implantar as accións recollidas no Plan. Pero a súa capacidade de xestión viuse durante largo tempo limitada pola ausencia dunha infraestrutura propia e un lugar claramente visible no organigrama da institución. A creación en novembro de 2011 da Oficina de Desenvolvemento Sostible (ODS), dependente da Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade, ven a reforzar o seu papel na nosa universidade e a dar un novo pulo a súa actividade.

O PDS, xestionado desde 2011 pola Oficina de Desenvolvemento Sostible (ODS), xira en torno a tres eixes:

O obxectivo principal do segundo eixe do PDS é a promoción e desenvolvemento de prácticas destinadas a maximizar os beneficios e diminuír os riscos ambientais da actividade universitaria. No tocante a xestión do seu propio impacto ambiental, na USC procúrase minimizar o consumo de recursos (enerxía, auga) e a xeración de residuos, foméntase a mobilidade sostible, e avalíase o impacto ambiental mediante o emprego de indicadores como a pegada ecolóxica.