Saltar ao contido principal
Inicio  »  Perfiles de acceso  »  Estudiantes  »  Admisión y Matrícula  »  Admisión  »  Acreditación conocimiento lengua extranjera para el Grado (prueba de nivel)

Acreditación do coñecemento dunha lingua estranxeira para a obtención do título de Grao ou de Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas.

Curso académico 2011/12

 

Información

 
No acordo do Consello de Goberno desta Universidade do 4 de xullo de 2008, no anexo II, establécese o seguinte:
1. Os estudantes de todas as titulacións de Grao deberán acreditar obrigatoriamente, para a obtención do seu título, o coñecemento do nivel B1 (Marco Común Europeo para o ensino, aprendizaxe e avaliación das linguas, Nivel soleira) dunha lingua estranxeira.
2. Os alumnos e alumnas estranxeiros/as deberán acreditar o coñecemento dunha lingua diferente á súa lingua materna. 
3. Os alumnos e alumnas que finalicen un grao que inclúa un major ou minor dunha lingua estranxeira terán automaticamente validado este coñecemento, non sendo necesario acreditalo.
A acreditación do coñecemento dunha lingua estranxeira poderá facerse mediante a superación dunha proba de nivel que será convocada polo Centro de Linguas Modernas.
Quedarán eximidos da realización destas probas os alumnos e alumnas que acrediten ter o nivel B1, por ter realizados estudos que se acreditarán coas certificacións e diplomas que se relacionan no anexo II do acordo do Consello de Goberno.
 Na Orde Ministerial ECI/3858/2007 do 27 de decembro de 2007 (BOE do 29 de decembro), modificada pola Orde Ministerial EDU/3424/2009, do 11 de decembro de 2009 (BOE do 21 de decembro), establécese nas condicións de acceso ao Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas que terá que acreditarse o coñecemento dunha lingua estranxeira equivalente ao nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Normativa

  • Acordo do Consello de Goberno do 4 de xullo de 2008, sobre o recoñecemento de créditos ao abeiro do artigo 12.8 do Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, e das liñas xerais da USC para a elaboración das novas titulacións. (ver norma)
  • Resolución Reitoral do 8 de xuño de 2010 sobre a exención da acreditación do nivel B1 nos estudos de Grao e Máster que habilita para o exercicio das profesións de profesor de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas (ver norma)
  • Resolución Reitoral do 5 de maio de 2009 polo que se establece o procedemento para o recoñecemento de créditos ao abeiro do disposto no artigo 12.8 do Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro. (ver norma)
  • Orde Ministerial ECI/3858/2007 do 27 de decembro de 2007 (BOE do 29 de decembro) (ver norma), modificada pola Orde Ministerial EDU/3424/2009, do 11 de decembro de 2009 (BOE do 21 de decembro) (ver norma)

Probas de nivel

As probas de nivel para a acreditación do coñecemento dunha lingua estranxeira son convocadas polo Centro de Linguas Modernas