Saltar ao contido principal
Inicio  »  Perfiles de acceso  »  Estudiantes  »  Admisión y Matrícula  »  Admisión  »  Cursos complementarios (“cursos puente”) para obtener el título de Grado

Cursos complementarios (“cursos ponte”) para obter o título de Grao

Curso académico 2011/12

Nas ensinanzas de Grao en que se oferte un curso complementario (“curso ponte”) para obter as competencias que proporciona o título oficial polos titulados de plans anteriores, estes unicamente poderán solicitar a súa admisión por esta vía, e non poderán solicitar praza polo sistema ordinario para inicio de estudos en titulacións con límite de prazas (preinscrición) no Grao que substitúa á titulación xa cursada. Esta limitación tamén se aplicará aos alumnos e alumnas que reunindo os requisitos para solicitar a expedición do título aínda non o fixeran. No caso de incumprimento desta limitación, procederase a anular a matrícula realizada no primeiro curso e convocarase, de ser posible, ao seguinte alumno da lista de agarda.
 
Formulario de solicitude de admisión

 

Titulacións e prazas

 

Prazos de solicitude

Do 14 de xullo ao 31 de agosto

 

Prazos de matrícula
  • 1º Prazo de matrícula: do 5 ao 7 de setembro
  • 2º Prazo de matrícula: do 9 ao 12 de setembro
  • 3º Prazo de matrícula: do 14 ao 16 de setembro 
  • 4º Prazo de matrícula: do 20 ao 22 de setembro
No primeiro prazo de matrícula convocarase aos alumnos admitidos. No caso de que non se matricularan todos os admitidos neste primeiro prazo, convocaranse aos seguintes da listaxe de agarda para que se matriculen no segundo prazo, e así sucesivamente ata completar a matrícula nas prazas ofertadas.

 

 Requisitos e adxudicación de prazas 

Poderán solicitar a admisión os titulados que se indican na oferta de prazas.
Os/as Enxeñeiros/as Técnicos/as en Informática de Sistemas por outras universidades que non teñan acreditadas as competencias de todas as materias da titulación de Grao, poderán ter que cursar outras materias distintas ás que integran o curso ponte
As prazas adxudícanse por nota media simple de expediente, de acordo co disposto na Resolución Reitoral do 19 de abril de 2005, segundo as cotas de prazas ofertadas para cada titulación de acceso.
Para obter o título de Grao, deberá acreditarse o coñecemento do nivel B1 dunha lingua estranxeira. Para máis información consulte a seguinte páxina:
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/admision/acrcolinestgraproniv.html

 

Documentación

 Os solicitantes que cursaron estudos noutra universidade, deberán presentar, dentro do prazo de solicitudes, unha fotocopia do documento de identidade (NIF, NIE ou pasaporte), unha certificación académica na que deberán figurar todas as materias cursadas, os créditos de cada materia ou, no casos de plans non estruturados en créditos, o carácter anual ou cuadrimestral da materia, as cualificacións obtidas e o número de convocatorias de cada materia, para os efectos de valoración do expediente, e unha fotocopia compulsada do título ou da certificación supletoria que acredite que ten efectuado o depósito do título.
Os solicitantes que non acheguen a documentación no prazo indicado, terán un prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao de remate do prazo de solicitudes, para presentaren a documentación requirida, sendo suficiente notificación, para estes efectos, a información que figura na secretaría virtual sobre a documentación a presentar.
No caso de non presentar a documentación no prazo indicado, serán excluídos do proceso de adxudicación de prazas.
Os titulados por esta Universidade non terá que presentar ningunha documentación.
 
A documentación deberá dirixirse a:
 
 
Servizo de Xestión Académica
Pavillón Estudiantil Campus Universitario Sur
15782
Santiago de Compostela