Saltar ao contido principal
Inicio  »  Perfiles de acceso  »  Estudiantes  »  Admisión y Matrícula  »  Admisión  »  Inicio de estudios (1º curso por 1ª vez) en titulación sin límite de plazas

Inicio de estudos (1º curso por 1ª vez) en titulacións sen límite de prazas

Curso académico 2011/12

A solicitude de admisión para iniciar estudos en titulacións sen límite de prazas deberá facerse polos alumnos que fixeron as Probas de Aptitude para Acceso á Universidade noutro distrito universitario ou que cursaron estudos universitarios distintos noutra universidade.
Os estudantes que fixeron as PAAU en Galicia e non iniciaran outros estudos universitarios, poderán matricularse directamente sen solicitar a admisión.

 

Formulario de solicitude de admisión

 

Titulacións

Campus de Santiago de Compostela

 

Campus de Lugo

Prazos

Do 1 de xullo ata o 9 de setembro, prazo xeral.
Do 11 ao 21 de outubro para alumnos que superen os estudos de acceso na convocatoria de setembro.
Do 11 ao 24 de febreiro. Só poderán solicitar neste prazo os alumnos non matriculados no presente curso académico en estudos universitarios. A matrícula realizarase en materias anuais e do segundo cuadrimestre correspondentes ao primeiro curso (mínimo de 30 créditos)

Quen ten que solicitar a admisión

  • Os alumnos que fixeron as PAAU noutro distrito universitario ou, de ser o caso, os que teñan outros estudos de acceso (Técnicos Superiores de Formación Profesional, titulados universitarios, etc).
  • Os alumnos que se matricularon en estudos universitarios diferentes noutra universidade, e non completaron estes estudos.
Os alumnos que fixeron as PAAU en Galicia non teñen que facer a solicitude de admisión, matricúlanse directamente, agás que xa se matricularan nun curso académico anterior noutra universidade (incluídas A Coruña e Vigo).

 

Requisitos

Non se esixe ningún requisito, só teñen que acreditar os estudos de acceso á universidade. Se cursaron outros estudos universitarios, teñen que acreditalos.

Traslado de expediente

Os alumnos que superaron as Probas de Aptitude para o Acceso á Universidade noutro distrito universitario ou que cursaron estudos noutra universidade e non remataron estes estudos, terán que facer traslado de expediente, logo de seren admitidos.