Saltar ao contido principal
Inicio  »  Perfiles de acceso  »  Estudiantes  »  Admisión y Matrícula  »  Máster universitario  »  Máster Oficial con límite de plazas y criterios generales curso 2011-12

Máster con límite de prazas e criterios xerais de selección

Curso académico 2011/12

Formulario de solicitud de admisión 

Quen pode solicitalo

Os titulados universitarios que se indican na oferta de prazas de cada máster. 
Tamén teñen acceso as titulacións equivalentes de plans de estudos anteriores, de acordo co catálogo de titulacións universitarias publicado no
Real Decreto 1954/1994, de 30 de setembro (BOE do 17-11-1994) (pdf 127 KB)

Matrícula provisoria e adxudicación de prazas

A matrícula será provisoria, non producirá efectos ata que se proceda a adxudicación definitiva das prazas e estará condicionada á posterior verificación dos datos declarados na solicitude.

Procedemento de adxudicación de prazas

1.      Nos masters en que a matrícula sexa inferior ás prazas ofertadas, adxudicaranse a todos os matriculados que reúnan os requisitos de acceso.
Prazas vacantes: Nos masters que así o teñan establecido na oferta de prazas, admitiranse as matrículas, ata completar o número total de prazas ofertadas, dos interesados que se inscriban despois de rematado o prazo ordinario de matrícula e acrediten reunir os requisitos de acceso, adxudicándose as prazas por orde temporal de matrícula. Estas matrículas xa non terán carácter provisorio, senón definitivo, condicionadas á verificación da titulación de acceso. O prazo máximo para autorizar estas matrículas será ata o 14 de outubro de 2011.
2.      Nos masters en que a matrícula supere ás prazas ofertadas, procederase a súa asignación segundo os datos declarados polo solicitante, para o que se terán en conta as cotas de reserva de prazas, as prelacións segundo as titulacións de orixe e a valoración do expediente académico.
As solicitudes ordenaranse, dentro de cada cota e cada grupo de titulacións co mesmo orden de prelación, segundo a media do expediente académico calculada ao abeiro do disposto no Real Decreto 1497/1987, modificado polo Real Decreto 1267/1994 e polo Real Decreto 1044/2003.
Nos masters en que existen grupos de ingreso e que, unha vez adxudicadas as prazas dun determinado grupo, resultaran prazas vacantes, estas acumularanse ao resto dos grupos, por orde de nota media de expediente.
Cando o número de matriculados non exceda dun 15% das prazas ofertadas, asignarase praza a todos os solicitantes que reúnan os requisitos, e as matrículas quedarán formalizadas, condicionadas á verificación da titulación de acceso.
Os alumnos e alumnas que non obteñan praza quedarán en lista de agarda. A asignación de prazas e a lista de agarda publicaranse na páxina web da USC, despois de rematado o prazo de matrícula.
Tras a publicación da asignación de prazas, a matrícula dos admitidos terá carácter definitivo, condicionada á posterior verificación dos datos declarados na solicitude.

Prazos 

Matrícula provisoria: do 15 xullo ao 9 de setembro.

 

Tras a publicación dos admitidos, abrirase un prazo ata o 14 de outubro, para que os solicitantes que non tiveron praza se poidan matricular nos masters sen límite de prazas ou nos masters con límite nos que quedaron prazas vacantes, sempre que así figure na oferta de prazas do máster (neste caso, a adxudicación das prazas será por orde temporal de matrícula, ata completar as prazas ofertadas).

 

Anulación de matrícula (desistencia total): Ata o 14 de outubro.  

Máster con límite de prazas e criterios xerais de selección

Documentación

Os matriculados que cursaron os estudos declarados para o acceso noutra universidade, deberán remitir ou entregar na Unidade de Xestión Académica correspondente, no prazo de dez días seguintes á realización da matrícula, a seguinte docmentación:
  • Fotocopia compulsada do seu título universitario ou da certificación acreditativa do pagamento dos dereitos para a súa expedición
  • Certificación académica dos estudos cursados na que figuren todas as materias cursadas e as cualificacións obtidas na titulación declarada para o acceso ao máster.
Os matriculados que cursaron os estudos de acceso na USC non terán que achegar ningunha documentación.

 

Calquera omisión ou falsidade na declaración dos datos da titulación de acceso ou do expediente académico que induza a facer unha valoración de expediente incorrecta, poderá dar lugar á anulación da matrícula, e, cando proceda, a ser excluído do proceso de adxudicación de prazas.