Saltar ao contido principal
Inicio  »  Perfiles de acceso  »  Portal internacional  »  Acogida

Acogida

 

Programa de actividades

Para coñecer a nosa cultura e enriquecer a experiencia durante a estancia na nosa universidade ofértase un programa con actividades que poderán realizar os estudantes visitantes e da USC en ambos os Campus: Santiago e Lugo.

Xornada de Benvida á USC

Recepción ofrecida polo Reitor da USC.

  • 30 de setembro de 2010 no Campus de Santiago (18:30, Salón Nobre de Fonseca).
  • 1 de outubro de 2010 no Campus de Lugo (12:00, Facultade de Veterinaria).
International Days 2010-2011

En colaboración coa Asociación Enxebre Compostela. Dúas xornadas onde os alumnos estranxeiros presentan os seus países a toda a comunidade universitaria.

  • 2 de decembro de 2010 no Campus de Santiago (11:30-19.30, Facultade de Xeografía e Historia).
  • 14 de decembro de 2010 no Campus de Lugo (11:30-17.30, Escola Politécnica Superior).
 

Volangteer

Con este proxecto preténdese promover a aprendizaxe e o uso das linguas minoritarias dos distintos estados da Unión Europea, co fin de que aquelas persoas que proveñan doutros países poidan coñecela e empregala con normalidade na súa vida diaria. Ademais tamén ten como obxectivo axudar á integración de estranxeiros/as na sociedade galega, así como na propia comunidade universitaria da USC. Os/as principais destinatarios/as son os mozos e as mozas que proveñan do estranxeiro e que estean gozando dunha bolsa Erasmus e mais estudantes galegos/as que teñan interese polo intercambio cultural.

Metodoloxía: As parellas reuniranse para conversar de diversos temas (cultura, deporte, temas sociais...) así como tomar parte de distintas actividades como ir ao teatro, a un evento deportivo, a unha feira gastronómica, visitas culturais... Tratarase, en definitiva, de empregar unha aprendizaxe non formal que fomente o interese pola lingua e a súa aprendizaxe; facilitando deste xeito a integración e o intercambio de experiencias, coñecementos e valores. A USC elaborou un programa de actividades para os estudantes visitantes e de USC.