Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servicios  »  Área de Tecnologías de la Información y de las Comunicaciones (ATIC)  »  Firma electrónica  »  Preguntas frecuentes

Preguntas frecuentes

Que garantía técnica ofrece a sinatura dixital?

Esta sinatura permite identificar ao asinante e detectar calquera cambio ulterior dos datos asinados, xa que está vinculada matematicamente tanto ao documento como ao asinante

Que garantía legal ofrece a sinatura dixital?

A lei de sinatura electrónica aprobada en decembro de 2003 (Lei 59/2003) regula a sinatura electrónica, a súa eficacia xurídica e a prestación de servizos de certificación, recoñecendo a súa validez plena a efectos de identificación do asinante.

Que é un certificado dixital?

Un Certificado Dixital é o equivalente electrónico a un Documento de Identidade, permitindo por tanto a identificación do seu titular. Este certificado asocia unha clave privada a unha identidade, de tal xeito que esta quede ligada aos documentos electrónicos sobre a que se aplica.

Para que serve un certificado dixital?

  • Autenticar a identidade do usuario, de xeito electrónico, ante terceiros nunha comunicación telemática
  • Asinar dixitalmente, garantindo a integridade do documento asinado, a procedencia do documento e a autenticidade da orixe
  • Cifrar datos: para que só o destinatario do documento poda acceder ao seu contido.

Que garantía ofrece o uso dun certificado dixital?

  • Coñecer a identidade do emisor e do receptor da información (autenticación das partes)
  • Que a mensaxe no foi manipulado durante o envío (integridade da transacción)
  • Que só emisor e receptor vexan a información (confidencialidade)
  • Que o titular dunha mensaxe no poda negar que efectivamente asinouno (non repudio)
 

Que elementos contén un certificado dixital?

  • A identidade do titular
  • A clave publica do titular
  • Datos propios do certificado: número de serie, data de caducidade…
  • A identidade da Autoridade de Certificación emisora
  • A sinatura da Autoridade de Certificación
 

Quen intervén no proceso de emisión dun certificado?

  • Autoridade de Certificación (AC) : é a entidade que emite o certificado dixital e quen intervén como terceiro de confianza na relación bilateral que se establece cando usamos a sinatura. No caso da Universidade de Santiago de Compostela,  a nosa AC é a "Fábrica Nacional de Moneda y Timbre" (FNMT) . Para máis información sobre cuestións de certificación na FNMT consulte: http://www.cert.fnmt.es
  • Autoridade de Rexistro (AR) : persoa ou entidade delegada pola AC para verificar a identidade dos solicitantes e outras funcións dentro do proceso de expedición e manexo de certificados dixitais. A USC é Autoridade de Rexistro da FNMT e ven de investir como rexistradores ao persoal dos Rexistros Centrais de Santiago e Lugo e aos xestores dos centros que participan no proxecto de sinatura dixital das actas académicas.

É obrigatorio ter o certificado dentro da Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI)?

Non. Para o uso da sinatura electrónica nas actas académicas conta con tres posibilidades:

  • Ter o certificado aloxado no almacén de certificados do seu ordenador
  • Ter o certificado dentro da TUI (só plataformas Windows)
  • Usar o DNI electrónico.

Canto costa obter un certificado dixital?

A obtención do certificado electrónico dixital é totalmente gratuita para o usuario.

Que teño que facer para obter un certificado?

Se vostede pertence a un dos centros que participan no proxecto de sinatura electrónica de actas, diríxase ao xestor do seu centro.  Noutro caso, diríxase ao Rexistro Central da USC (en Santiago ou Lugo). 
Ben sexa co xestor do centro ou no Rexistro Central, realizaranse nunha única operación todos os pasos:
  • Solicitude do certificado
  • Rexistro do usuario e sinatura do contrato coa FNMT
  • Descarga do certificado
  • Aloxamento do certificado nun dispositivo persoal do usuario (pen drive) ou na Tarxeta Universitaria de Identidade

Para que serve o certificado RAIZ da FNMT?

Cando un usuario recibe un documento asinado electrónicamente ou a identificación electrónica doutra persoa, o certificado RAIZ da FNMT permite comprobar a súa autenticidade xa que é o propio da Autoridade de Certificación emisora do devandito certificado.

Como podo obter un novo certificado se o anterior queda inutilizable ou xa caducou?

Pode dirixirse ao xestor de centro ou ao Rexistro Xeral para realizar o proceso.

Podo ter máis dun certificado instalado no meu navegador?

Si, poderá ter máis dun, sempre que sexan de emisores distintos

Podo ter o mesmo certificado en varios navegadores?

Si, unha vez descargado o certificado, pode instalalo en varios navegadores.

Onde podo gardar o certificado?

Os certificados pódense gardar en dous tipos de soporte:

  • Software (navegador instalado no seu ordenador)
  • Hardware (tarxeta)

Podo utilizar o certificado desde calquera ordenador?

Cando se utiliza un certificado almacenado nunha tarxeta, poderá utilizarse en calquera equipo que teña instalado un lector de tarxetas e o software necesario para o seu funcionamento. Un certificado en software só poderase utilizar no ordenador no que se atope instalado o certificado.

Xa teño un certificado. Podo introducilo na tarxeta?

Si pode facelo. Exporteo, incluindo a clave privada a un soporte (pen drive, CD, etc.) e diríxase ao xestor do seu centro ou ao Rexistro Xeral para facer a operación. Non embargantes, teña en conta que pode asinar electrónicamente as actas co certificado instalado no seu ordenador.

Que significa revogar un certificado?

O procedemento de Revogación de Certificados permite anular a validez do seu certificado antes da data de caducidade que consta no mesmo. A revogación pode ser solicitada en cualquera momento e, en especial, cando o titular crea que o seu certificado pode ter sido copiado e que se coñece o seu Número de Identificación Persoal (PIN).

Cales poden ser as causas de revogación dun certificado?

  • Expiración do período de validez que figura no certificado
  • Solicitude voluntaria do usuario
  • Pérdida ou danos no soporte do certificado
  • Falecemento do usuario; incapacidade sobrevenida, total ou parcial
  • Inexactitudes nos datos aportados polo usuario para a obtención do certificado
  • Detectar ou sospeitar que as claves do usuario son coñecidas 

Como podo revogar un certificado?

Se solicita un novo certificado, a operación leva implícitamente asociada a revogación automática do seu anterior certificado. Se no desea utilizar ningún certificado pode acudir a un rexistrador da Universidade ou outra Axencia de Rexistro, levando o DNI ou Tarxeta de Residencia. O rexistrador verificará a súa identidade e solicitará a revogación.

Que compoñentes necesito para usar o certificado contido na TUI?

  • A propia tarxeta TUI
  • Lector estándar de tarxetas
  • Software específico proporcionado pola USC (os profesores poden descargalo desde o "Portasinaturas" da súa Secretaría Virtual)

Onde solicito unha TUI se non a teño?

Diríxase á sucursal no seu campus do Banco de Santander e solicite a expedición da TUI. Leve unha fotografía.

Que é o DNI Electrónico?

O novo modelo de Documento Nacional de Identidade electrónico é o documento que acredita física e dixitalmente a identidade persoal do seu titular e permite a sinatura electrónica de documentos.

Xa teño un certificado dixital da FNMT. Segue sendo válido se obteño o DNIe?

Si. O certificado da FNMTsegue a ter a mesma validez e utilidade que ata agora. Os 2 novos certificados que incorpora o DNI electrónico (Autenticación e Sinatura Electrónica) non anulan calquera que puidera ter anteriormente.

Podo asinar actas co novo DNIe?

Si. O módulo de sinatura electrónica de actas dentro da Secretaría Virtual do profesor permite o uso do certificado contido no novo DNIe

Que fago se teño algún problema coa sinatura electrónica?

Contacte co Centro de Atención a Usuarios (CAU) polos medios habituais: