Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servicios  »  Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe  »  Proyectos de Innovación Educativa

Proxectos de Innovación Educativa

Descrición

A Universidade de Santiago de Compostela, consciente da necesidade de desenvolver estratéxias de mellora na calidade docente e de integrar as tecnoloxías nos usos educativos, puxo en marcha no ano 2001 e con carácter anual a "Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa" por medio do Campus Virtual que coordina, dende o seu inicio, o CeTA.

Esta Sexta Convocatoria (curso 2006-2007) impulsará a posta en marcha de proxectos orientados á mellora da calidade da docencia por medio da integración das tecnoloxías, canalizando aquelas iniciativas do profesorado que fomenten a innovación nos métodos docentes, que promovan propostas didácticas centradas na aprendizaxe autónoma do alumno, converxentes coa concepción da ensinanza universitaria que adopta o Sistema Europeo de Transferencia de Créditos (ECTS), así como a creación de materiais didácticos que fagan uso do Campus Virtual da USC.

Os proxectos que se presenten deben ser orixinais e non ter recibido financiamento da USC en convocatorias anteriores.