acerca do web | mapa do web | directorio | contacto | correo web | ligazóns | axuda 

Inicio » Páxina inicial Grupo Esculca

 

Grupo de Investigación

ESCOLA-CULTURA

logo

Grupo Esculca

Xornada de Traballo "Inmigración e Administración Local en Galicia. Educación e Servizos Sociais"

Celebrarase o vindeiro 25 de maio na Facultade de Ciencias da Educación, "Campus Vida".

cartel xornada

ampliar nova

 

A Rede Ries organiza unha Xornada Informativa

A Xornada terá lugar o vindeiro 4 de maio, e pretende dar a coñecer as liñas de investigación dos seis grupos pertencentes ás Universidades de Santiago de Compostela e Vigo que conforman a Rede Ries.

Ampliar nova

 

O Grupo Esculca organiza dous Cursos de Verán

Curso de Verán da UNED

Prisión, educación y sociedad: el reto de la reinserción
(C.P. Teixeiro)

A Coruña, 9-11 de xullo de 2012

Ver
Programa

Consultar tarifas

 

Curso de Verán da USC

Educación e Cultura Marítima en Galicia

Santa Uxía de Riveira, 16-19 de xullo de 2012
(recoñecemento da Consellería de Educ. e Ord. Universitaria de 30h. de formación permanente do profesorado)

Ver Programa 1

Ver Programa 2

 


CONCURSO PARA A SELECCIÓN DE MATERIAIS RIES

A Rede RIES convoca o 1º Concurso de Materiais Educativos dirixidos ao desenvolvemento da percepción da diversidade cultural como valor.

Podes descargar as bases e os anexos de inscrición premendo nos enlaces.

Máis información na web da Rede Ries.

Bases do concurso

Anexo 1 versiónPDF

Anexo 2 versiónPDF

Anexo 3 versiónPDF

 

A Rede RIES edita o Primeiro número do seu Boletín trimestral co galo de difundir as súas actividades

Descargar Boletín

 

Grupos de Investigación integrantes da Rede RIES organizan dous seminarios no mes de marzo destinados ao alumnado da USC

Preme nos seguintes enlaces para descargar os trípticos e a folla de inscrición:

DELINCUENCIA XUVENIL E VIOLENCIA FILIO-PARENTAL: A INTERVENCIÓN PSICOPEDAGÓXICA

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DA PARELLA: “LA MÁSCARA DEL AMOR (LMA)”

CONCEDIDO 1 CRÉDITO DE LIBRE CONFIGURACIÓN AO ALUMNADO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA




Concedidos dous novos Proxectos de Investigación ao Grupo Esculca

Ampliar nova

  • A Calidade dos Servizos Sociais vista polos usuarios inmigrantes e os equipos profesionais. Avaliación e Consecuencias Socio-Educativas. Resolución de 11 de novembro de 2010 (DOG 18/11/2010). Inv. Principal: Prof. Agustín Godás Otero.
  • "Deseño e Avaliación dun programa para a mellora do rendemento educativo do alumnado inmigrante". Orde do 6 de xullo de 2010. Inv. Principal: Prof. Miguel A. Santos Rego.

 

O Ministerio de Educación vén de publicar un libro do Grupo Esculca resultado do traballo que logrou o I Premio Nacional á Investigación Educativa

Portada

 

O Grupo Esculca recoñecido como Unidade Competitiva do Sistema Galego de I+D+I (Orde do 1 de xullo de 2008, DOG 11/07/08)
(Resolución do 09/10/08).

 

 

 

 

NOVIDADES

Varios Membros do Grupo ESCULCA, autores do libro "Inmigración y Administración Local. La gestión socioeducativa" (portada)

O Coord. de ESCULCA, Prof. Miguel Á. Santos Rego, autor de dous capítulos nun libro sobre a educación de xoves e adultos (ampliar nova).

Varios membros da Rede RIES-USC participaron no VII Congreso de Migraciones Internacionales en España (Bilbao, 11-13 de abril).

O vindeiro 25 de maio terá lugar na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida), unha xornada de traballo organizada polo Grupo Esculca e na que participarán expertos e técnicos na xestión da inmigración dende o eido local (ver programa).

O coordinador de Esculca impartiu o 17 de abril na Escola Superior de Educaçao da Universidade do Porto a Conferencia “Educación e Compromiso desde a Universidade: unha folla de ruta”.

O Instituto Politécnico do Porto propón á USC un Programa de Doutoramento conxunto e coordinado dende o Grupo Esculca.

Aberto o prazo de inscrición para participar no "Concurso para a selección de materiais RIES" (ampliar nova).

A Comisión Avaliadora resolve a concesión de axudas do persoal en Formación da Rede RIES.

Miguel Á. Santos Rego, Coord. de ESCULCA, e Antonio José Oliveira Guedes, da Escola Superior de Educaçao de Porto (Portugal) veñen de publicar o artigo "Filosofía para Crianças no Contexto Educativo Portugés. Subsídios para unha proposta", na revista Ibero-Americana de Educaçao (ISSN:1681-5653), número 58/3, 15/03/2012 (consultar artigo).

Concedido ao Grupo Esculca o Premio María Barbeito de Educación en Galicia á Investigación Pedagóxica na súa terceira edición polo traballo "O Rendemento Escolar do Alumnado procedente da Inmigración en Galicia. Un Programa de Optimización para Familias e Centros de Ensino" (ampliar nova).

O prof. Marcial Gondar, membro de Esculca, participa cun capítulo no libro Fidelidade á Terra. Estudios dedicados ó Prof. Xosé Luis Barreiro, editado pola Universidade de Santiago de Compostela.

O Coord. de Esculca e da Rede RIES inaugura a Revista SENSOS do Instituto Politécnico do Porto-Escola Superior de Educaçao como conferenciante invitado (ampliar nova).

O Coord. do Grupo Esculca, o prof. Miguel A. Santos, vén de ser Nomeado “Experto Internacional” en Sustainability Sciences pola prestixiosa National Science Foundation (NSF) (ampliar nova).

A Rede RIES colaborará coa Radio Municipal do Concello de Tui participando nun espazo de debate e reflexión sobre cuestións actuais de gran relevancia pedagóxica (máis información).

O profesor Miguel Á. Santos Rego amosa a súa opinión sobre a nova proposta de Bacharelato do goberno no xornal La Opinión de A Coruña (ampliar nova).

Nova publicación dos profesores Mar Lorenzo Moledo e Miguel Á. Santos Rego, membros do Grupo Esculca (ampliar nova).

O profesor Miguel Á. Santos Rego incorporado como MEMBRO DO COMITÉ CIENTÍFICO da revista "Educación y Humanismo" da Univ. Simón Bolivar.

O Grupo Esculca colabora coa Empresa GERIATROS e a Fundación CAMIÑA SOCIAL. Nun Proxecto Interxeracional con Persoas Maiores e Xóvenes Institucionalizados (2011). Para máis información contactar co Prof. Agustin Godás Otero(agustin.godas@usc.es).

A Universidade de Navarra encarga ao Grupo Esculca a revisión e traducción ao Galego de varios videos incluídos nas iniciativa Parlamento Cívico (máis información).

 

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00

Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00