|
|
acerca do web | mapa do web | directorio | contacto | correo web | ligazóns | axuda | |
Inicio » Servizos » ATIC» Manuais» Correo electrónico |
Servizo de correo electronicoManual de configuración de Outlook Express |
O programa "Outlook Express" é un xestor de correo sinxelo subministrado de balde nas diversas versións do sistema operativo Windows. É o programa axeitado se soamente desexamos acceder a contas de correo electrónico e non precisamos de características adicionais tales como ferramentas colaborativas (xestión de calendario, tarefas e notas). Imos ver cales son os parámetros básicos para poder enviar/recibir correo electrónico con este programa e para elo será necesario dispor da seguinte información:
No caso das contas de correo subministradas pola USC, poderemos atopar estes datos na carta de resposta que a Área TIC envía ao usuario cando se lle da de alta. Procedemento de configuración:A continuación detallamos o procedemento para configurar a súa conta de correo do dominio usc.es a través do Outlook Express: Abra o Outlook Express e seleccione "Herramientas" - "Cuentas", tal e como se indica na seguinte ventá: Prema en "Agregar" e seleccione "Correo": Teclee en "Nombre para mostrar" o seu nome completo. Este dato amosarase no remite das mensaxes saíntes. A continuación prema en "Siguiente": No campo "Dirección de correo electrónico" debemos introducir o enderezo electrónico completo. No caso das contas subministradas pola USC, poderá atopar este dato na carta de resposta á solicitude de alta: A continuación, seleccione "POP" para determinar o tipo de servidor de correo entrante e indique os nomes dos servidores entrante e saínte. Este dato tamén pode atopalo na carta de resposta á solicitude de alta ou na páxina de axuda do servizo: Escriba o nome da súa conta e o contrasinal, subministrados pola Área TIC, nos campos "Nombre de cuenta" e "Contraseña" respectivamente. Pulse en "Siguiente": Remateremos o proceso premendo no botón "Finalizar": Opcións do programa recomendadas:
|
Comentarios ou suxestións a cau@usc.es © ATIC-USC. 2008 |