Servicio de Atención a Usuarios e Sistemas (SAUS)



Configuración do programa Eudora, versión 3

 
A pantalla que nos permite configurar o Eudora accedese dende o menú principal seleccionando o epígrafe Tools e logo seleccionando Options .

 

Unha vez seleccionado "options" aparecerá outra pantalla con unha serie de submenús que imos ver por separado, só os cinco primeiros, e clarexando só aqueles campos que son fundamentais para configurar o Eudora correctamente.


Getting Started

Esta pantalla determina a mínima información necesaria para poder enviar e recibir correo.

POP account

    Aquí deberemos poñer o noso nome de usuario seguido do nome do servidor que aloxa o noso buzón.

    Estes datos pode atopalos na carta de resposta enviada polo SAUS á súa solicitude de alta.

    NON debemos poñer aquí a dirección real  de correo electrónico, é dicir, poremos, por exemplo,  usuario@pop.usc.es e non usuario@usc.es 

Real name
    Aquí poñeremos o noso nome e apelidos. Estes datos parecerán no campo From das mensaxes enviadas.
Connection method
    Aqui especifícase cómo estamos conectados a rede. Si usamos Eudora via TCP/IP (ex.: a conexión directa, SLIP ou PPP), debemos seleccionar Winsock. Si estamos usando o Eudora sin TCP/IP, debemos poñer Dialup. Si non temos ningunha conexión poñeremos Offline .

Personal Info

Esta pantalla reflexa la información persoal que debemos dar para que a inclúa nas nosas mensaxes saíntes.

POP account

Real name Return address
Aquí especifícase o enderezo que aparece no remitente das mensajes que enviamos
 
Deberemos poñer o enderezo de correo indicado na carta  de resposta á solicitude de alta. Normalmente será na forma usuario@usc.es ou usuario@lugo.usc.es.
 
Si tamén temos algún pseudónimo ou alias podemos poñelo aqui.

Dialup username

Este campo utilízase por si temos un código de usuario para conexións por modem e outro para outro tipo de conexión.

 


Hosts

Nesta pantalla configúranse os servidores que usamos para recibir e enviar mensaxes de correo electrónico.

POP account

Ver este  apartado na sección Getting Started.
SMTP
Neste campo deberemos introducir o nome do servidor que se encarga de enviar o correo o exterior (protocolo SMTP).
 
Este dato pode atopalo na carta de resposta enviada polo SAUS á súa solicitude de alta. En xeral, deberemos empregar a dirección smtp.usc.es
Ph
Deixar este campo en branco

Finger

Deixar este campo en branco

Checking Mail

Esta pantalla fíxanse os parámetros de consulta da existencia de mensaxes no servidor de correo que usemos (na USC o servidor é o uscmail)

POP account
Ver este  apartado na sección Getting Started.
Check for mail every ? minutes
Aquí dámoslle os minutos cada canto tempo queremos que o Eudora faga unha pregunta o servidor de si temos novos mensaxes ou non.Recomendase que se faga cada 45 minutos. Si deixamos o campo en branco nunca comprobará a existencia de correo de forma automática.
Skip messages over ? K
Si este campo o poñemos en On (picamos no cuadradiño que aparece o comenzo desta liña) debemos especificámoslle o tamano máximo das mensaxes que queremos que transfiera ó noso PC (todos os que estén por encima deste tamano  non os pasará).
Send on check
Si este campo está en On calquera mensaxe que se encole na carpeta Out será enviado cando se comprobe a existencia de correo (automáticamente ou manualmente).
Save password
Si este campo está en On o Eudora recordará automáticamente o contrasinal de conexión ó servidor e non voltará a pedirlo.
Leave mail on server
Si este campo está en On o Eudora copia os mensaxes no PC pero non os borra do servidor de correo. 
 
IMPORTANTE: Se non é estrictamente necesario, aconsellase poñer esta opción en Off xa que existe un espacio límite nas contas de correo que, no caso de esgotarse, impedirá que se reciba máis correo.
Delete from server after ? days
Si este campo está en On, aquí debemos especificarlle o número de días que queremos que permanezan os mensaxes no servidor antes de ser borrados, esta opción é útil si a anterior (Leave mail on server) a temos en Off, xa que así non bloqueará a conta de correo si ten límite de espacio.

Sending Mail

Esta pantalla fíxanse os parámetros de envío de mensaxes o servidor dende o Eudora.

Return address

Ver a sección Personal Info.
Domain to add to unqualified name
Neste campo poñeremos que dominio de dirección de correo queremos que añada automáticamente despois da "@" a aqueles destinatarios para os cales non especificaramos este dato.
 
Por exemplo, temos introducido "usc.es" neste campo e  mandamos unha mensaxe a "probas", o Eudora completará a dirección  a "probas@usc.es"
Aconsellase poñer o da propia organización para non ter que teclear toda a dirección o enviar unha mensaxe a un destinatario do mesmo dominio.

 

SMTP server
Ver a sección hosts.

 


Comentarios e suxerencias a saus@usc.es
© SAUS - USC. 2002
atrás Páxina de inicio da USC Modificada