1907
Filla de Xosé Mariño Pais e Filomena Carou Lado, nace en Noia o 8 de xuño. Alí contribúe dende cativa á economía familiar traballando como costureira.
1927
A familia trasládase a vivir a Escarabote, no concello de Boiro, onde o pai abre unha zapataría. María ten os seus primeiros contactos coa literatura dende que deixara a escola, na biblioteca do Pazo das Torres de Goiáns, no que vivía a súa tía e onde pasa as horas lendo.
1937
Estancia en Berango (Euskadi) na casa da súa irmá Concha. Alí vive a destrución de Gernika.
1938-1939
Regresa a Escarabote e coñece a roberto Pose carballido, co que casa o 31 de maio de 1939.
1939-1946
O matrimonio vive en Escarabote, Currás (concello de Arzúa) e Elantxobre (Euskadi), diferentes destinos como mestre de Roberto Pose.
1946
Regresan a Galicia, a San Finx (Lousame) onde, o 6 de setembro, da a luz ao seu fillo Roberto José que morre o 10 de outubro do mesmo ano.
A parella instálase en Romeor do Courel para o curso escolar 1946-1947.
1947
Morren, con poucos días de diferenza, o seu irmán Emilio e súa nai Filomena. Estes feitos agravan a depresión nerviosa que lle producira a morte do seu fillo.
Trasládanse a Parada do Courel onde Roberto Pose fora nomeado mestre propietario da Escola.
1947-1963
Coñece ao poeta Uxío Novoneyra, feito determinante no desenvolvemento da súa creación poética, e pola súa mediación a algúns dos personaxes da cultura galega: Manuel María, Ramón Piñeiro ou Domingo García Sabell. En 1957 comeza a escribir os seus primeiros poemas.
1963
O 21 de outubro publícase o seu primeiro libro "Palabra no tempo" prologado por Otero Pedrayo, na colección Tesos Cumes, dirixida por Novoneyra. Foi o primeiro e único número da colección.
1966
Empeza a escribir "Verba que comenza".
1967
Morre de leucemia o 19 de maio en Parada do Courel.
1990
O Concello de Noia publica, nun volume homenaxe, a obra "Verba que comenza"
1994
Publicase a súa "Obra completa" en galego.
|
|

En Parada do Courel con Uxío Novoneyra, Manuel María, Saleta Goi e Roberto Pose

Cuberta da obra "Palabra no tempo" na colección Tesos cumes

Cuberta da obra "Verba que comenza"
|