|
A USC proponlle á ACSUG que na avaliación de méritos docentes –cando menos para o recoñecemento da excelencia curricular- se teña en conta a utilización da lingua galega na docencia e na investigación.
Se cadra, a USC debería seguir afondando de seu na posta en marcha de medidas que fomenten o uso da lingua galega na docencia e na investigación, como as recollidas no Plan de Normalización Lingüística da nosa universidade. |