|
A Xustiza e a Policía únense á normalización da lingua ((A Nosa Terra, 01/12/08) A Irmandade Xurídica Galega, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e os mandos dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado reuníronse para estudar a incorporación do galego nos órganos xurisdicionais e das forzas da policía. A CIG presenta un compendio de termos sobre saúde laboral ((A Nosa Terra, 02/12/08)
O Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG presentou o primeiro compendio de termos de prevención, saúde e ambiente laborais na nosa lingua. Néganlle atención médica en galego ((Vieiros, 11/12/08) A Mesa pola Normalización Lingüística critica o novo caso de discriminación lingüística da sanidade pública en Ferrol a un paciente que solicitou dúas veces que o atendese en galego, con resposta negativa da doutora. Presentado o Dicionario Xurídico dos Medios de Comunicación ((El Correo Gallego, 12/12/08) Edicións Lea presentou o «Dicionario Xurídico dos Medios de Comunicación», tradución ampliada e revisada dunha edición en castelán, de utilidade para diversos colectivos, como avogados, xornalistas, ou persoal da administración. O uso do galego na Lei do comercio divide o CES ((Xornal, 16/12/08) O CES avoga por que na futura lei do comercio se elimine «ninguén poderá ser discriminado ou atendido incorrectamente por razón da lingua oficial empregada», aínda que a petición non foi apoiada por todos os compoñentes do CES. Nace Diverslinguae ((Galicia Hoxe, 17/12/08) Asociacións de defensa do galego, catalán e vasco crean unha asociación en defensa das linguas cooficiais e da diversidade lingüística e achegaranse aos castelanfalantes para que «sexan conscientes da pluralidade lingüística de España». Anovar, aprender, galeguizar: outra escola para o país ((Vieiros, 13/12/08)
De traballar a pé das aulas para mudar a realidade e a prol da nosa lingua, saben ben as persoas do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, que acaba de cumprir os seus 25 anos de historia.
|