Voltar

Noraboa ao profesorado dos 12 departamentos da USC que manteñen un nivel de uso do galego na docencia axeitado ao modelo proposto no Plan Estratéxico da USC, e a todos aqueles que contribúen a que se faga realidade paseniñamente nos seus.

19 departamentos da USC non imparten docencia ningunha en galego. O dato pode ser duro, pero velaí o está. O dato pode tomarse coma un xostregazo, ou pode tomarse como un punto de partida para traballarmos e mellorar esta situación.



Imprimir